Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, propuxo na Conferencia de Presidentes Autonómicos un decálogo de acordos para afrontar desde a unidade o reto sanitario, o reto económico e o reto demográfico. Así, no tocante á covid-19, Feijóo pediu ao Executivo central establecer mecanismos para proporcionar certezas diante dunha pandemia que aínda non vencemos e, se ben, valorou o reforzo de vacinas en agosto, cualificouno de insuficiente xa que non se acadan os niveis de subministro de xuño.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.807 deles 4.002 son da área da Coruña, 2.257 da de Lugo, 1.763 da de Ourense, 2.925 da de Pontevedra, 4.577 da área de Vigo, 2.302 da de Santiago e 981 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 285 en unidades de hospitalización e 18.479 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 137.899 persoas curadas, rexistrándose 2.464 falecementos.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.776 deles 3.653 son da área da Coruña, 2.181 da de Lugo, 2.209 da de Ourense, 3.005 da de Pontevedra, 4.412 da área de Vigo, 2.395 da de Santiago e 921 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 242 en unidades de hospitalización e 18.499 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 133.336 persoas curadas, rexistrándose 2.455 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.544.167. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.475.339.
  • A xuntanza do Real Padroado da cidade de Santiago de Compostela, presidida polo rei Felipe VI, serviu para presentar a Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período 2021-2027-2032 'Camiño de Compostela 2032', no que se recolle un investimento global de 281,56 millóns de euros para o período 2021-2032. Trátase da primeira xuntanza que se celebra nos últimos 18 anos e que busca desenvolver un modelo transformador para a cidade.
  • O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a decisión do comité clínico de limitar as reunións de non conviventes, cunha especial énfase nas nocturnas, e permitir a apertura da hostalería cun control de acceso nos niveis de incidencia máis alta. Durante a súa comparecencia para dar conta da reunión do comité de expertos sanitarios, na que se avaliou a situación actual como consecuencia da pandemia, Feijóo referiuse nun primeiro termo aos concellos que se atopan nos niveis de incidencia máis alta. Así, en concreto precisou que pasan a nivel máximo sete concellos: O Barco de Valdeorras, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Sanxenxo, Meaño e O Grove.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.889 deles 2.214 son da área da Coruña, 1.241 da de Lugo, 2.181 da de Ourense, 2.258 da de Pontevedra, 2.909 da área de Vigo, 1.580 da de Santiago e 506 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 12.715 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 128.627 persoas curadas, rexistrándose 2.443 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.481.253. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.309.925.
  • O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia volve albergar un verán máis unha completa programación de actividades astronómicas co obxectivo de diversificar o seu uso público e dar a coñecer entre os visitantes unha parte destacada dos seus recursos naturais: o ceo. Por quinto ano consecutivo, a Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía encargarase de dirixir e coordinar as distintas accións de dinamización previstas para difundir os valores que desde o ano 2016 acreditan a este espazo natural como destino turístico Starlight. Fegar contará coa colaboración e apoio do persoal do Parque no desenvolvemento das actividades, de carácter gratuíto e dirixidas a distintos sectores da poboación.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.319 deles 1.330 son da área da Coruña, 700 da de Lugo, 1.617 da de Ourense, 1.550 da de Pontevedra, 1.845 da área de Vigo, 976 da de Santiago e 301 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 82 en unidades de hospitalización e 8.223 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.459 persoas curadas, rexistrándose 2.441 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.447.140. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.223.330.
  • Un total de 465 centros educativos, 42 deles de nova incorporación, formarán parte o vindeiro curso do modelo plurilingüe da Xunta de Galicia, unha acción enmarcada na Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Este modelo plurilingüe -que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira- comezouse a aplicar no curso 2010/11 para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO (o denominado Plurilingüismo clásico). Xa a partir do curso 17/18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e FP (PluriFP).
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta maña en rolda de prensa, da decisión de limitar as xuntanzas na hostalería a un máximo de 6 persoas no interior e, a 10 no espazos exteriores e terrazas, en todos os niveis, salvo no nivel alto e máximo, no que segue a prohibición de abrir no interior dos locais. O titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que esta medida terá carácter de recomendación nos restantes ámbitos sociais, co ánimo de atallar a expansión do virus. García Comesaña trasladou a súa preocupación pola importante suba de novos casos detectados nas últimas datas, onde se destaca a presenza dun amplo número de persoas mozas.