Noticias
-
A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.837. Deles 544 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 199 da de Ourense, 321 da de Pontevedra, 297 da área de Vigo, 176 da de Santiago e 78 da de Ferrol. Do total de positivos, 10 están en UCI, 43 en unidades de hospitalización e 1.784 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai 125.648 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
-
O Presidente afirmou que a partir do 1 de xullo estarán en funcionamento un total de 71 albergues da rede pública, e refiriuse ao Camiño de Santiago como un compendio de culturas e de valores, pero tamén de vontades de persoas e institucións por colaborar para facer deste Xacobeo 21-22 unha oportunidade de recuperación económica Destacou que a posta en marcha deste albergue pon de manifesto a aposta do Goberno galego pola rehabilitación e polo Casco Vello de Vigo, no que xa se recuperaron máis de 110 vivendas e 34 locais; e están en execución catro obras máis.
-
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ven de presentar a primeira edición do programa Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, nova iniciativa da Xunta que, nas súas palabras, supón unha "aclamación conxunta dun dos maiores bens culturais que ten a nosa Comunidade". A partir da convocatoria pública que se activou coincidindo coa celebración do Día Internacional da Danza, seleccionáronse as 23 compañías galegas que, xunto con sete formacións do resto de España, Francia e Portugal, lle dan forma a esta iniciativa que reflicte o "magnífico momento creativo" da danza en Galicia, ao tempo que poñer en valor o noso gran patrimonio cultural e paisaxístico.
-
A Xunta ven de activar oficialmente a súa plataforma dixital de núcleos rurais en estado de abandono, unha ferramenta novidosa prevista na Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas para loitar contra o despoboamento e reactivar estas zonas da Comunidade. A plataforma está dispoñible desde hoxe, se ben polo momento, tan só ofrece información relativa a inmobles localizados en Sober, o concello escollido para realizar a experiencia piloto de lanzamento. Precisamente, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou municipio lucense para presentar a iniciativa e animar ao resto de entidades locais galegas con núcleos rurais en situación de abandono a sumarse e seguir o exemplo de Sober, concello pioneiro en canto ao uso e aproveitamento desta nova ferramenta dixital co obxectivo de atraer poboación.
-
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, anunciou que a Xunta de Galicia se marca o obxectivo de ser unha administración neutra en carbono no ano 2040, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro en todos os seus ámbitos. Ángeles Vázquez presentou 'un novo reto' da Estratexia galega de cambio climático e enerxía de 2050: a folla de ruta elaborada polo Goberno galego e coa que a Comunidade se converteu nunha das primeiras rexións europeas en establecer por escrito este compromiso de neutralidade climática.
-
O festival MindoMúsica que celebrarase do 28 de xuño ao 4 de xullo en distintos emprazamentos de Mondoñedo. Na programación inclúese desde a Catedral ata varias parroquias, con concertos en pequeno e medio formato que incluirán encontros de músicos coa veciñanza nos locais sociais coa intención de achegar a música clásica a todos os públicos. MindoMúsica aposta tamén pola revalorización dos músicos mindonienses e pola promoción da riqueza histórico-cultural. Por iso, completarase coa organización dunhas xornadas en torno á figura de Pacheco e a súa obra.
-
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá, en rolda de prensa, da decisión adoptada polo comité clínico de adiantar unha semana a vacinación das persoas maiores de 60 anos que recibiran a primeira dose da vacina de Astrazeneca. Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade adiantou que o departamento que dirixe tamén traballa nun documento de desescalada que ten por obxecto avanzar cara a nova normalidade.
-
Hoxe abren a metade de albergues da Rede pública con tódalas medidas de prevención ante a covid-19, dos que 5 deles se atopan no Camiño Francés. Trátase dos do Cebreiro, Casa Fonte de Lusío (Samos), Ferreiros (Paradela), o de Portomarín, e Mato Casanova (Palas de Rei). O límite de ocupación nas zonas comúns será do 50%, pero nas habitacións redúcese aos 30%, salvo para grupos burbulla acreditados. As camas disporanse cunha distancia mínima de 1,5 metros, aínda que se aconsellan os 2 metros se é posible.
-
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou hoxe a Estatística de Variacións Residenciais que ven a destacar que Galicia mantivo en 2020 o signo positivo migratorio pese ao efecto da Covid-19 e as fortes restricións á mobilidade. No ano 2020 mantívose o signo positivo do saldo migratorio total en Galicia, é dicir, un número maior de entradas con respecto ás saídas, que acada un total de 14.616 persoas. A pesar de todas as restricións a mobilidade do ano 2020, este é o segundo mellor saldo de toda a serie histórica dende 2010, so por detrás do pasado ano que era positivo en 17.747 persoas.
-
A Cidade da Cultura de Galicia reforza este verán o programa de visitas comentadas con diferentes opcións para coñecer a arquitectura e funcionamento do complexo, as intervencións artísticas e paisaxísticas nos espazos verdes ou os vencellos entre C o Camiño de Santiago. Estes tres novos xeitos de achegarse ao Gaiás veñen a completar a actual oferta de visitas guiadas ás exposicións Faraón. Rei de Exipto e Os brancos segredos do seu ventre, que a partir de xullo tamén se verá reforzada con novas quendas. Todas as visitas son de balde, con reserva de prazas na web da Cidade da Cultura.