Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Cidade da Cultura de Galicia acollerá do 3 ao 4 de setembro a celebración do encontro Mulleres e Cultura Urbana, un evento impulsado por 7H Cooperativa Cultural co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 que procura fomentar o intercambio de experiencias, a creatividade colectiva e o espírito crítico na abordaxe das desigualdades de xénero no sector. Esta segunda edición quere consolidar a iniciativa e convertela en referente iberoamericano na promoción da cultura urbana como patrimonio cultural contemporáneo desde unha perspectiva anovadora. Con ese obxectivo, desenvolve dúas xornadas de análise, exhibición e creación artística colectiva en clave de xénero arredor da cultura urbana galega.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.780 deles 2.793 son da área da Coruña, 1.342 da de Lugo, 694 da de Ourense, 828 da de Pontevedra, 2.180 da área de Vigo, 1.223 da de Santiago e 720 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 222 en unidades de hospitalización e 9.503 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 163.721 persoas curadas, rexistrándose 2.550 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.712.487. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.950.994.
  • O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron unha xuntanza por videoconferencia cos representantes da hostalería en Galicia para revisar a proposta realizada pola Administración o pasado venres, sobre o establecemento dun modelo que garanta o acceso seguro as locais, independentemente da situación epidemiolóxica que teña cada concello. A esta xuntanza tamén acudiron a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.
  • As entradas dos Concertos na fin do mundo xa se esgotaron practicamente nas 4 actuacións previstas ata mediados de setembro en 4 faros galegos emblemáticos no marco deste ciclo incluído na programación do Xacobeo e en colaboración con La Caixa. Para a primeira actuación que se celebrará mañá no faro Cabo Silleiro de Baiona xa se venderon tódalas entradas para desfrutar da música de As Tanxugueiras. O mesmo ocorre co previsto para o 27 de agosto no faro Punta da Barca de Muxía con Dulce Pontes como cabeza de cartel e o do 10 de setembro no Punta Atalaia de San Cibrao de Cervo onde actuará Mikel Erentxun.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou o comezo da vacinación, a partir do 23 de agosto, do grupo de idade con idades comprendidas entre os 14 e o 16 anos. Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade adiantou que esta mesma semana se comezarán a enviar as mensaxes de citación aos mozos e mozas galegas desta franxa de idade.
  • A Fundación Artesanía de Galicia, organiza o próximo sábado 21 de agosto en Sober o evento Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, co obxectivo de impulsar a comercialización do feito a man e dar difusión aos oficios tradicionais. A iniciativa, na que participan 22 obradoiros da marca Artesanía de Galicia, estará aberta ao público nos pendellos do Santuario da Nosa Señora das Cadeiras. Así, no evento poderanse atopar pezas de olería, madeira, téxtil, xoguetes artesanais, xoiería, traxe tradicional e coiro. Cabe destacar a presenza de representantes de tres dos centros de olería tradicional que continúan activos en Galicia, como son Gundivós (Sober), Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) e Buño (Malpica de Bergantiños).
  • A exposición 'Faraón. Rei de Exipto', froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación 'la Caixa' e o British Museum no marco do Xacobeo 21-22, despediuse da Cidade da Cultura tras congregar 76.367 visitantes desde o pasado mes de marzo. Convértese así na mostra máis concorrida da historia do Museo Centro Gaiás, tanto en números absolutos como en media diaria –621 visitantes mensuais–. A estes datos, cómpre sumar tamén máis de 5.000 estudantes que participaron no programa de visitas didácticas a través de videoconferencia, unha iniciativa que achegou a exposición ás aulas de 121 centros de ensino.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.730 deles 4.029 son da área da Coruña, 1.344 da de Lugo, 791 da de Ourense, 1.295 da de Pontevedra, 3.134 da área de Vigo, 1.259 da de Santiago e 878 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 259 en unidades de hospitalización e 12.408 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 156.792 persoas curadas, rexistrándose 2.524 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.676.147. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.802.448.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.495 deles 4.331 son da área da Coruña, 1.361 da de Lugo, 832 da de Ourense, 1.417 da de Pontevedra, 3.294 da área de Vigo, 1.322 da de Santiago e 938 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 274 en unidades de hospitalización e 13.158 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 155.033 persoas curadas, rexistrándose 2.516 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.666.947.
  • O gaiteiro Anxo Lorenzo, as cantareiras As Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun participan no cartel que terá como escenario os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo. Xunto e eles actuará tamén a dj galega Russihha e grupos emerxentes do panorama musical galego. Os concertos serán o 21 e o 27 de agosto e o 3 e o 10 de setembro, para grupos reducidos que van de 100 as 250 persoas dependendo das características do faro e do nivel de ocupación dese escenario natural, tendo en conta os protocolos de seguridade e as normas sanitarias. A proposta, ademais, persegue valores de respecto coa contorna, de igualdade e de diversidade.