Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • As bibliotecas públicas da Xunta nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como a Biblioteca de Galicia, súmanse á conmemoración do Día das escritoras, que nesta sexta edición se celebra o 18 de outubro. A efeméride impulsada pola Biblioteca Nacional de España, xunto á Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias, e á Asociación Clásicas e Modernas ten como obxectivo a posta en valor do legado cultural das autoras literarias ao longo da historia.
  • O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle todos os xoves deste mes o ciclo de espectáculos en lingua portuguesa Quintas do Camões, organizado polo Centro Dramático Galego e a sede de Vigo do Centro Cultural Português do Camões. Haberá tres funcións que se desenvolverán os días 14, 21 e 28 de outubro. O Centro Dramático de Viana/Teatro do Noroeste, de Viana do Castelo, abrirá mañá este novo programa coa obra sobre a manipulación informativa Rottweiler, do dramaturgo Guillermo Heras.
  • Por enriba das condicións meteorolóxicas, o que realmente incidiu, de xeito decisivo, na transmisión da COVID-19 foi o comportamento da poboación, así como as intervencións gobernamentais. Esta é a principal achega dun estudo no que toma parte o profesor da USC Dominic Royé e que analizou o potencial influxo da meteoroloxía na transmisión do SARS-CoV-2 en 409 cidades de todo o mundo pertencentes a 26 países. O artigo titulado ‘A cross-sectional analysis of meteorological factors and SARS-CoV-2 transmission in 409 cities across 26 countries’ e que acaba de ver a luz en Nature Communications, evidencia como a medida que a temperatura ascendía nun intervalo comprendido entre os dez e os 20 graos, producíase un modesto descenso na transmisión do virus.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 502 deles 157 son da área da Coruña, 73 da de Lugo, 77 da de Ourense, 30 da de Pontevedra, 98 da área de Vigo, 61 da de Santiago e 6 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 37 en unidades de hospitalización e 455 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.459 persoas curadas, rexistrándose 2.641 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.858.979. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.403.001.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá da decisión do comité clínico de ampliar, en liñas xerais, os aforos do 75 ao 90% no locais de diferentes eidos sociais, agás no caso do lecer nocturno. O anuncio prodúcese logo de que comunidade galega se situase, xunto con Asturias, nunha das comunidades autónomas cuxa incidencia acumulada xa se empraza nunha situación de risco epidemiolóxico controlado, ou tamén denominada fase de nova normalidade. Así, Galicia rexistra unha incidencia acumulada a 7 días de 8,6 casos por cada 100.000 habitantes, e de 22,9 casos, no seu cómputo a 14 días.
  • A Xunta de Galicia estivo presente en Sevilla na primeira edición da Convención de Turespaña, un foro de encontro e reflexión de tres xornadas dirixido aos destinos turísticos españois co obxectivo de afondar na cogobernanza e onde a sustentabilidade e a dixitalización están sendo as protagonistas. O Goberno galego compartiu neste foro co resto das comunidades autónomas as boas prácticas que están a permitir a rápida recuperación do turismo no noso territorio. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a responsable de afondar no traballo da Xunta para facer de Galicia un destino máis sustentable, na liña do modelo turístico da comunidade, baseado nun turismo de tranquilo e de calidade, así como nas accións de promoción que se puxeron en marcha.
  • O programa Leader permitiu consolidar un total de 2.274 postos de traballo en Galicia e crear outros 790 empregos no período de programación 2014-2020. Así o salientou o subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, Moisés Blanco, na súa intervención na xornada 30 anos de Leader, organizada pola Red Española de Desarrollo Rural. O representante galego puxo en valor o feito de que tres décadas despois da súa posta en marcha, a medida Leader, co seu enfoque participativo e transversal, consagrouse como unha ferramenta indispensable para dinamizar o tecido socioeconómico das áreas rurais, tamén en Galicia.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 930 deles 209 son da área da Coruña, 169 da de Lugo, 150 da de Ourense, 69 da de Pontevedra, 198 da área de Vigo, 112 da de Santiago e 23 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 36 en unidades de hospitalización e 882 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 178.738 persoas curadas, rexistrándose 2.638 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.838.294.
  • O festival Underfest presentou hoxe a programación completa da súa cuarta edición, que se desenvolverá do 7 ao 12 de outubro en sete espazos de Vigo e coa que se reafirma como referente musical na oferta cultural de outono. Na súa oferta destacan nomes ben coñecidos da escena estatal e internacional como Mala Rodríguez, Rigoberta Bandini, Maria Arnal i Marcel Bagés, Toundra, Lina e Raül Refree, Vera Fauna, Colectivo Da Silva, Mastodonte, The Mystery Lights ou Leifur James. Destacou tamén a representación galega, con Margarida Mariño, BFlecha, Grande Amore, Sila Lua e The Bo Derek (as artistas femininas supoñen máis do 50% deste cartel).
  • A Xunta de Galicia colabora coa empresa Boeing e a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia na posta en marcha no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de San Cibrao das Viñas da primeira Aula Newton de España. Trátase dunha grande oportunidade para que estudantes de entre 14 e 16 anos se acheguen ás materias de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM) dun xeito innovador, empregando equipos de alta calidade, colaborando, debatendo e divertíndose.