Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • Inaugurouse na Cidade da Cultura unha exposición coa que se celebran os 10 anos da posta en marcha da Biblioteca de Galicia no Gaiás. Unha década na que a institución conseguiu converterse nun referente cultural custodiando importantes coleccións constituídas por documentos tan antigos como os incunables Libro de las propiedades de las cosas (1494) ou Sermones de patientia in Job (1471). Estas serán dúas das máis de 70 pezas que poderán contemplar os visitantes desta mostra que queda aberta ao público ata o 31 e maio do 2022 no vestíbulo do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 419 deles 130 son da área da Coruña, 33 da de Lugo, 42 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 70 da área de Vigo, 69 da de Santiago e 24 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 18 en unidades de hospitalización e 394 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.923 persoas curadas, rexistrándose 2.649 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.885.891. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.420.248.
  • O Comité Educativo amósase partidario dunha desescalada simétrica e prudente no ensino acorde coa que se está dando no conxunto da sociedade logo de que Galicia abandonara a situación de emerxencia sanitaria. Isto é, que a desescalada que se está facendo efectiva na sociedade teña unha adaptación nos centros educativos, segundo expuxeron esta mañá os integrantes deste órgano asesor en materia educativa nunha xuntanza presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. Así pois, dado que a progresiva normalización da situación sanitaria na sociedade en xeral ten o seu reflexo nas aulas, o Comité Educativo considera axeitado comezar a abordar unha posible flexibilización no protocolo covid escolar.
  • Ao longo de tres días a Cidade da Cultura acollerá representantes da Organización Mundial da Saúde ou a OCDE, científicos recoñecidos por algunhas das institucións máis prestixiosas do mundo, personalidades distinguidas con galardóns como o Premio Nacional de Ensaio, os Premios Princesa de Girona, premios de divulgación científica ou recoñecementos polo seu traballo en causas humanitarias e medioambientais.
  • Inaugurouse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura 'Castillo, escultor', a primeira exposición retrospectiva realizada ata o momento que se centra na escultura de Jorge Castillo, unha faceta artística que se ben é máis descoñecida, comparte a grandeza da súa obra pictórica. Esta escolma de 120 obras percorre as seis décadas de traxectoria dun dos artistas galegos vivos de maior prestixio e relevancia internacional, cuxa obra forma parte de importantes coleccións de arte de todo o mundo, como o Carnegie Institute de Pittsburgh, o San Francisco Museum of Modern Art, o Guggenheim Museum de Nova York ou a Nationalgalerie de Berlín.
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, anunciou en rolda de prensa que o Consello da Xunta declarou a finalización da situación de emerxencia sanitaria, que estaba declarada dende o día 13 de marzo de 2020. Ademais, increméntanse os aforos ata o 100% e a hostalería e ocio nocturno amplían os seus horarios. Rueda especificou que o levantamento da emerxencia sanitaria non significa que a Comunidade quede sen ferramentas no caso de que sexa necesario actuar. 'Galicia conta agora cunha lei específica para xestionar a pandemia que nos permite, en caso de empeoramento ou dun novo gromo, tomar decisións coas máximas garantías de eficacia e tamén de seguridade xurídica', aseverou.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o secretario xeral técnico da consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, e a directora xeral de Saúde Pública, Carme Durán, presentaron a campaña de vacinación antigripal 2021, que terá como principal novidade a administración simultánea das vacinas da gripe e da covid-19 entre a poboación de 80 ou máis anos. Durante o acto celebrado esta mañá na sede da Axencia Galega de Coñecemento de Saúde, o titular de Sanidade explicou que os centros de saúde de cada área sanitaria citarán -vía SMS- ás persoas de 80 ou máis anos para vacinarse.
  • O Museo do Pobo Galego acollerá desde o venres ata o domingo a primeira edición de Soa Bonaval, un novo festival con concertos, conversas e itinerarios sonoros polas salas do museo que conta co apoio da Xunta de Galicia. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da iniciativa que se enmarca na colaboración que o Goberno galego ten co museo. “É, ademais, unha nova proposta cultural que se suma as máis de 2.500 iniciativas que apoiamos este outono para impulsar aos creadores galegos e animar a participar da reactivación da cultura despois duns meses complicados”, expresou.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 450 deles 134 son da área da Coruña, 35 da de Lugo, 51 da de Ourense, 53 da de Pontevedra, 74 da área de Vigo, 74 da de Santiago e 29 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 17 en unidades de hospitalización e 427 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.934 persoas curadas, rexistrándose 2.650 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.887.356. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.430.496.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 472 deles 153 son da área da Coruña, 51 da de Lugo, 71 da de Ourense, 27 da de Pontevedra, 87 da área de Vigo, 72 da de Santiago e 11 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 434 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.602 persoas curadas, rexistrándose 2.646 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.866.923.