Noticias
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 71.504 deles 13.623 son da área da Coruña, 7.294 da de Lugo, 9.175 da de Ourense, 8.190 da de Pontevedra, 16.139 da área de Vigo, 12.615 da de Santiago e 4.468 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 462 en unidades de hospitalización e 70.994 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 220.224 persoas curadas, rexistrándose 2.827 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.423.924. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.018.889.
-
O Centro Galego de Arte Contemporánea reforzou en 2021 o seu papel divulgador das creacións de artistas emerxentes e consolidados cun incremento nas exposicións e na súa colección, que sumou 60 novas pezas artísticas. De feito, o CGAC recuperou e mesmo superou o ritmo de actividades incrementando as cifras anteriores á pandemia. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu o Consello Asesor deste centro, no que se fixo balance do ano que remata e se presentaron as propostas para 2022. Nos últimos meses materializáronse 13 proxectos expositivos, o que representa case o dobre con respecto aos sete de 2020 e tamén é maior o número de mostras do ano previo á pandemia, 2019, cando houbo 10.
-
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informaron en rolda de prensa do avance da vacinación do nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos, subliñando que o 54% destes menores xa contan alomenos coa primeira das doses da vacina contra a covid-19. O titular de Sanidade, destacou que 84.363 rapaces e rapazas deste tramo de idade xa foron vacinados, así, apuntou que os datos de vacinación de menores en Galicia son moi bos, sinalando que o 97,3% da poboación de 12 a 19 anos conta con alomenos unha dose da vacina, e que, ao 94,8% xa lle foi administrada a pauta completa de vacinación.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 49.988 deles 9.065 son da área da Coruña, 4.677 da de Lugo, 5.421 da de Ourense, 6.489 da de Pontevedra, 11.849 da área de Vigo, 9.297 da de Santiago e 3.190 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 331 en unidades de hospitalización e 49.604 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 204.005 persoas curadas, rexistrándose 2.770 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.345.019. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.858.366.
-
"Chegadas estas datas, é tempo de botar a vista atrás e facer balance dun ano que unha vez máis volveu estar condicionado pola covid e que lamentablemente volve a condicionar este Nadal, que non está a ser como a todos nos gustaría."
-
A Xunta acordou esta tarde co ocio nocturno as medidas a adoptar durante o Nadal debido á covid. Os negocios poderán elixir entre abrir a fin de semana de Fin de Ano, entre o 30 de decembro e o 2 de xaneiro -ambos incluídos-, ou optar a unha liña de axudas con distintos tramos en función dos metros cadrados de cada local. Tanto nesta fin de semana de Fin de Ano como desde o 3 ata o 18 de xaneiro todos os locais do sector poderán abrir ata as 03,00 da madrugada.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 32.107 deles 5.744 son da área da Coruña, 2.598 da de Lugo, 3.407 da de Ourense, 4.507 da de Pontevedra, 8.694 da área de Vigo, 5.307 da de Santiago e 1.850 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 262 en unidades de hospitalización e 31.794 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 198.636 persoas curadas, rexistrándose 2.757 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.276.032. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.789.766.
-
A Cidade a Cultura de Galicia pecha 2021 acadando un máximo histórico no número de participantes nas actividades do seu programa cultural, cun total de 229.462, o que representa un incremento dun 20% respecto ao 2019. A cifra inclúe todas as persoas que asistiron a actividades organizadas polo Gaiás, aínda que se desenvolveran en espazos diferentes aos da Cidade da Cultura. Unha das razóns que explica este incremento é o programa de itinerancias, que permitiu exhibir mostras en Ourense, Pontevedra, Vigo e Coruña.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 28.334 deles 4.914 son da área da Coruña, 2.289 da de Lugo, 3.052 da de Ourense, 4.111 da de Pontevedra, 7.960 da área de Vigo, 4.401 da de Santiago e 1.607 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 249 en unidades de hospitalización e 28.029 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 197.844 persoas curadas, rexistrándose 2.753 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.261.145. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.760.431.
-
Coros da cidade de Lugo percorren as rúas da capital lucense interpretando cantos de Nadal, para contribuir a que a cidade ofreza un ambiente acorde coas celebracións tmáis entrañables do ano.