Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Xunta de Galicia vén de solicitar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia prorrogar a obrigatoriedade de presentar os certificados covid-19 ata o vindeiro día 26 de febreiro, nos ámbitos actuais. Os indicadores epidemiolóxicos, amosan unha tendencia descendente, tanto na taxa a 7 días (1.034 casos por cada 100.000 habitantes), como na taxa a 14 días (2.393 casos por cada 100.000 habitantes). Non obstante, estes valores seguen a ser elevados, o que indica que o virus continúa a ter unha elevada circulación.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 51.561 deles 11.223 son da área da Coruña, 5.365 da de Lugo, 5.033 da de Ourense, 5.482 da de Pontevedra, 12.892 da área de Vigo, 9.115 da de Santiago e 2.451 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 45 están en UCI, 656 en unidades de hospitalización e 50.860 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 401.355 persoas curadas, rexistrándose 2.987 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.605.948. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.455.253.
  • O Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 terá como prioridades acadar unha recuperación sostible, resistente e inclusiva; deseñar a Galicia do futuro poñendo no centro o reto demográfico; acadar unha Galicia máis sostible e climaticamente neutra; promover unha sociedade innovadora, moderna, competitiva, solidaria e cohesionada; favorecer os valores diferenciais de Galicia como motores de desenvolvemento; e garantir unha senda previsible, rigorosa e estable de actuación do Goberno galego a medio prazo.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 53.706 deles 11.596 son da área da Coruña, 5.573 da de Lugo, 5.185 da de Ourense, 5.731 da de Pontevedra, 13.724 da área de Vigo, 9.390 da de Santiago e 2.507 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 689 en unidades de hospitalización e 52.969 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 395.178 persoas curadas, rexistrándose 2.976 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.601.200. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.453.410.
  • A Cidade da Cultura de Galicia arrinca esta fin de semana na a primeira das propostas da programación de inverno do ciclo Matinais Musicais. Desta volta o cartel inclúe tres concertos para as mañás dos sábados 5 e 12 de febreiro e 5 de marzo que achegarán música de autor da man de Leticia Rey, estilo contemporáneo con Multiplensemble ou tablemusic, a particular maneira coa que o dúo Ual·la! entende as súas cancións con humor intelixente baseándose en elementos da vida cotiá. A cantautora Leticia Rey, natural de Vila de Cruces, foi a gañadora no 2020 do certame que convoca Estudios Mans, da Fundación Paideia, que dá oportunidades a músicos emerxentes.
  • O mes de xaneiro en Galicia pechouse como un período máis seco da última década, con máis de vinte xornadas anticiclónicas continuadas. Esta é unha das principais conclusións que recolle o Informe climatolóxico mensual, elaborado por MeteoGalicia e presentado esta mañá pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada pola meteoróloga Ana Lage. Tal e como explicou Vázquez Mejuto, o primeiro mes do ano resultou moito máis seco do agardado a principios de mes, cando as borrascas aínda circulaban preto de Galicia.
  • As vítimas de agresión sexual contarán con catro centros de referencia, un por provincia, onde poderán recibir atención as 24 horas do día. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, adiantou no pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, que a Xunta está a elaborar un estudo diagnóstico cara á implantación e localización destes puntos -un por provincia- que situarán a Galicia na cabeza da loita contra a violencia sexual.
  • A Xunta de Galicia inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición en homenaxe a Reimundo Patiño neste 2022 polo Día da Ilustración. Ata o 10 de maio, poderá visitarse no Gaiás a mostra que fai un percorrido polas facetas do autor e pintor coruñés, con especial fincapé na banda deseñada, eido no que é considerado un dos pioneiros en Galicia. A exposición, que conta con ao redor de 40 pezas entre distintas reproducións e exemplares relacionados coa súa obra, está artellada en seis seccións, enfocadas no traballo do artista no ámbito da ilustración, da pintura, da literatura e da banda deseñada.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 67.350 deles 14.415 son da área da Coruña, 6.871 da de Lugo, 7.045 da de Ourense, 7.920 da de Pontevedra, 17.578 da área de Vigo, 10.288 da de Santiago e 3.233 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 588 en unidades de hospitalización e 66.712 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 315.869 persoas curadas, rexistrándose 2.893 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.515.011. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.308.556.
  • Os hoteis galegos rexistraron en decembro algo máis de 200 mil viaxeiros aloxados e de 390.000 noites, cifra que triplica o mesmo dato de 2020, segundo os datos achegados polo INE no informe da Conxuntura Turística Hoteleira de decembro publicada hoxe. Esta recuperación confirma o avance na recuperación turística de Galicia e supón tamén que no acumulado do ano pasado Galicia superara en case o 90% as cifras de viaxeiros que se aloxaron nos hoteis galegos en 2020, o que nos sitúa como a segunda comunidade autónoma con mellor ritmo de recuperación respecto ao 2020, só por detrás de Baleares no caso do volume de viaxeiros e só por detrás de Baleares e Cataluña no caso da demanda turística.