Noticias
-
Foi presentado o festival de música contemporánea RESIS, que arrancará o vindeiro 21 de abril e reunirá ata xuño na Coruña destacados intérpretes nacionais e internacionais en distintos concertos, mesas redondas ou máster class e que incluirá un proxecto didáctico inclusivo para persoas con discapacidade visual. O primeiro concerto Gran Torso IV do Cuarteto Gerhard, terá lugar o 23 de abril na Igrexa das Capuchinas e un día antes comezará na Fundación Luis Seoane a mostra do traballo da residencia artística do Gaiás, con Igor C. Silva e Arxis Ensemble.
-
De cara á celebración de Semana Santa o sector turístico avanza boas perspectivas con previsións de ocupación entre o 60% e o 80%, se ben existen territorios que agardan acadar incluso ocupacións maiores como poden ser Santiago de Compostela, Ferrol ou Viveiro, polos de atracción polas celebracións vencelladas á Semana Santa. A meteoroloxía, as viaxes de proximidade e as reservas de última hora marcarán as ocupacións finais, aínda que o ritmo de chegada de peregrinos que se detecta nas últimas semanas apunta a unha Semana Santa boa para o sector. De feito, só na primeira semana do mes de abril chegaron a Santiago case 4000 peregrinos, máis dos que se chegaron en todo o mes de xaneiro e febreiro e tres veces máis dos que chegaron no mesmo período o ano pasado.
-
A idea dos gabinetes de curiosidades ou 'habitacións das marabillas', unha serie de espazos nos que, a partir do Renacemento, nobres, reis ou burgueses reunían as súas coleccións, nas que as obras de arte convivían con obxectos de exóticos, constitúe un dos puntos de partida da exposición que protagoniza no CGAC Suso Fandiño. Baixo o título de Wunderkammer, termo alemán que foi o primeiro para o que en español se coñeceu como 'gabinetes de curiosidades', Fandiño reúne un conxunto de obras que propoñen 'unha serie de vías e ligazóns pouco habituais'.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.605 deles 2.359 son da área da Coruña, 1.580 da de Lugo, 1.419 da de Ourense, 1.302 da de Pontevedra, 2.135 da área de Vigo, 1.680 da de Santiago e 1.105 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 465 en unidades de hospitalización e 11.126 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 539.935 persoas curadas, rexistrándose 3.231 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.797.870. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.622.018.
-
O Museo de Belas Artes da Coruña ofrece este domingo o concerto 'Retrato de muller' do guitarrista clásico tudense Samuel Diz. A sesión terá lugar ás 12:00, con entrada libre ata completar a cabida, e poderá seguirse tamén a través da canle de YouTube. Activo intérprete e investigador da música da primeira metade do século XX, o programa previsto por Samuel Diz inclúe sete pezas. A súa participación no ciclo responde a unha das principais ilusións artísticas do autor, achegar a música aos espazos museísticos desde o rigor e a coherencia co legado custodiado e tratando a música como ben patrimonial en si mesma.
-
A Xunta e a Fundación ”la Caixa” inauguran este xoves 7 de abril no Museo Centro Gaiás a exposición Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924 – 2020, que explora o intercambio e diálogo entre arte surrealista e deseño contemporáneo ao longo dos últimos 100 anos. A mostra, que abrirá as súas portas ao público ao día seguinte (venres 8 de abril), está organizada pola Fundación "la Caixa" e o Vitra Design Museum, un dos museos máis importantes do mundo no eido do deseño, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Cidade da Cultura e no marco do Xacobeo 21-22.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.965 deles 3.875 son da área da Coruña, 2.311 da de Lugo, 2.099 da de Ourense, 2.070 da de Pontevedra, 3.609 da área de Vigo, 3.084 da de Santiago e 1.857 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 24 están en UCI, 442 en unidades de hospitalización e 18.499 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 528.439 persoas curadas, rexistrándose 3.213 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.787.032. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.616.237.
-
'2 Torres, 2 Camiños' converte a torre opaca do Gaiás en escenario da fugacidade das estrelas e encerra dentro dos seus muros o infinito do espazo mediante unha proxección en movemento da Vía Láctea. Pola súa banda a torre transparente condensa o enxame de camiños e rutas que levan a Santiago, materializado nun grande nobelo de fíos enleados, que representan este labirinto de pasos e vidas entrecruzadas que enriquecen cada día a esencia espiritual da ruta xacobea. Ademais, na intervención soa, na voz de Beatriz Tejero, unha interpretación da peza Santa Maria, strela do dia, incluída nas Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio, (s.XIII).
-
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, en rolda de prensa, que 66.400 fogares galegos comezarán a percibir ao longo do mes de abril o importe que lles corresponde do bono social térmico e o complemento extraordinario de 100 € que vén de activarse. Dáse así cumprimento, explicou, ao compromiso adquirido no plan de choque para mitigar a suba de prezos de axilizar esta axuda e ampliala. Nese sentido, avanzou que as contías oscilarán entre os 228 e os 473 € en función de se a familia é considerada vulnerable ou moi vulnerable e da zona climática de Galicia onde se resida. E, a maiores, sinalou que os beneficiarios non terán que facer ningún trámite, xa que recibirán o ingreso na súa conta bancaria de forma automática.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.587 deles 4.121 son da área da Coruña, 2.301 da de Lugo, 2.144 da de Ourense, 2.204 da de Pontevedra, 3.655 da área de Vigo, 3.169 da de Santiago e 1.921 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 440 en unidades de hospitalización e 19.122 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 525.828 persoas curadas, rexistrándose 3.210 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.781.718. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.613.347.