Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • As primeiras conclusións da enquisa realizada o pasado mes de febreiro á poboación galega para coñecer a súa opinión sobre os procesos de fusión dos concellos amosan que a cidadanía ten unha predisposición favorable á fusión voluntaria dos concellos (83%), e considera que a redución do número destes melloraría a súa capacidade de prestación de servizos. Malia que as porcentaxes diminúen cando a pregunta se fai sobre o propio concello, tamén neste caso máis da metade da poboación (un 56%) estaría a favor da fusión. Pola contra, tan só un 37% da poboación sería partidaria de realizar fusións obrigatorias.
  • O Centro Dramático Galego (CDG) inicia a xira da súa última produción Ás oito da tarde, cando morren as nais a vindeira semana en Cee. Con dirección e dramaturxia de Marta Pazos, a montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco. Recomendado para maiores de 12 anos, o espectáculo sitúa o público como elemento central e analiza de xeito crítico e irónico a relación entre o teatro e a súa recepción, cunha escenografía que reproduce un espazo de exhibición escénica.
  • A exposición artéllase arredor de cinco grandes paneis situados en forma de estrela arredor da traxectoria persoal e profesional de María Casares. Tras un panel introdutorio abórdase a familia, a Segunda República e os primeiros lugares de residencia da actriz, A Coruña e Madrid, así como o exilio a París. Tamén se afonda na experiencia de María Casares na gran pantalla, a súa relación con Albert Camus, e a súa entrega ao teatro. O percorrido continúa pola madurez da artista, o seu retorno a España nos anos 70 e o seu legado e recoñecementos. O último panel céntrase na conversa de María Casares, dous anos antes da súa morte, co escritor e xornalista Manuel Rivas en París.
  • Foi presentado en Agolada Corazón da Artesanía, IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de xullo no conxunto histórico-artístico dos Pendellos. O encontro, que chega á súa novena edición, busca configurarse como un gran escaparate de promoción e de posta en valor dos oficios tradicionais galegos. Durante tres días, o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, showcookings e venda de produtos gastronómicos, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para nenos.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.257, deles 2.860 son da área da Coruña, 2.067 da de Lugo, 1.919 da de Ourense, 1.607 da de Pontevedra, 2.280 da área de Vigo, 2.368 da de Santiago e 1.139 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 24 están en UCI, 678 en unidades de hospitalización e 13.555 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 560.128 persoas curadas, rexistrándose 3.324 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.839.138. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.640.680.
  • A Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, vén de elaborar un documento recollendo as directrices sobre o uso da máscara tras a publicación do Real Decreto que modifica o obrigatoriedade da mesma. O obxectivo do documento realizado polo Executivo galego é describir as situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara en determinados ámbitos Así, tal e como recolle o documento, é obrigatorio o uso da máscara en centros, servizos e establecementos sanitarios para o persoal traballador, visitantes e persoas ingresadas cando non permanezan na súa habitación.
  • A Cidade da Cultura transfórmase con Escenas do cambio non só no escenario idóneo para a representación das últimas tendencias nas artes escénicas, senón tamén en lugar de inspiración, recollemento e investigación para novas propostas de vangarda. Así, canda as pezas galegas que terán a súa estrea no festival, o público poderá gozar tamén de dúas obras creadas de maneira específica para a súa representación no Gaiás.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.875, deles 2.463 son da área da Coruña, 1.877 da de Lugo, 1.645da de Ourense, 1.429 da de Pontevedra, 2.167 da área de Vigo, 2.147 da de Santiago e 1.137 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 710en unidades de hospitalización e 12.149 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 551.451 persoas curadas, rexistrándose 3.289 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.822.421. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.634.976.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmou esta mañá que o Sergas está alerta, logo de que o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, informara onte as comunidades autónomas da detección de varios casos de hepatite aguda, de orixe desconocido, en rapaces menores de 10 anos. Por este motivo, dende o Ministerio realizouse unha comunicación á todas as comunidades para realizar unha "observación e procura activa" de posibles casos.
  • Presentouse a nova produción do CDG 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', con dirección e dramaturxia de Marta Pazos e cuxa estrea será este xoves no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco. O espectáculo estará en Santiago ata o 1 de maio con 14 sesións e logo xirará ata xuño por Cee, Cedeira, Catoira e A Estrada, así como polas localidades portuguesas de Beja e Coímbra.