Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 21.839 deles 4.568 son da área da Coruña, 2.588 da de Lugo, 2.217 da de Ourense, 2.447 da de Pontevedra, 4.168 da área de Vigo, 3.617 da de Santiago e 2.147 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 21.376 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 521.525 persoas curadas, rexistrándose 3.200 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.775.345. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.612.656.
  • A Xunta de Galicia prorrogará, ata o vindeiro nove de abril, a obriga de presentar o certificado covid de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para visitar aos pacientes ingresados en centros hospitalarios e sociosanitarios. A medida manterase o tempo imprescindible para mellorar a situación epidemiolóxica, que se revisa de xeito diario. Así mesmo, seguirán vixentes os límites de comensais nas mesas no ámbito de hostalería (10 no interior e 20 no exterior).
  • A Cidade da Cultura conmemora os dez primeiros anos do Museo Centro Gaiás lanzando un programa especial de visitas comentadas. O percorrido, que levará aos participantes a espazos restrinxidos ao público, permitirá afondar na complexa arquitectura deste edificio de Peter Eisenman e comprender o funcionamento deste sofisticado equipamento, preparado para acoller exposicións de grande formato, así como propostas culturais e eventos de natureza moi diversa (como por exemplo concertos ou espectáculos escénicos).
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 21.256 deles 4.474 son da área da Coruña, 2.553 da de Lugo, 2.429 da de Ourense, 2.265 da de Pontevedra, 3.955 da área de Vigo, 3.490 da de Santiago e 1.990 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 18 están en UCI, 425 en unidades de hospitalización e 20.813 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 513.064 persoas curadas, rexistrándose 3.186 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.763.801. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.605.892.
  • A 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico inclúe na sección internacional a concurso 14 títulos de distintas nacionalidades, dos que tres son galegos e os restantes de países como India, Brasil, Alemaña, Xeorxia, Perú ou Ucraína. Na listaxe internacional de filmes cómpre salientar unha estrea absoluta, cinco en España e dúas en Galicia. Canto á representación galega, concursan as películas Resonancias do pasado, de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro; O último de Arganeo, de David Vázquez Vázquez, e Notas sobre os cesteiros de Mondariz, de Fon Cortizo. Estas últimas serán presentadas polos directores.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.225 deles 4.310 son da área da Coruña, 2.423 da de Lugo, 2.459 da de Ourense, 2.176 da de Pontevedra, 3.739 da área de Vigo, 3.191 da de Santiago e 1.833 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 20 están en UCI, 395 en unidades de hospitalización e 19.810 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 509.568 persoas curadas, rexistrándose 3.174 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.758.043. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.604.555.
  • O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, 21 puntos por riba da media estatal.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.127 deles 4.334 son da área da Coruña, 2.447 da de Lugo, 2.682 da de Ourense, 2.137 da de Pontevedra, 3.602 da área de Vigo, 3.192 da de Santiago e 1.639 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 350 en unidades de hospitalización e 19.751 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 502.536 persoas curadas, rexistrándose 3.165 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.747.044.
  • O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro, Pere, a 1 de xaneiro de 2022, que ven a evidenciar novamente que o número de galegos do exterior nados en Galicia continúa a descender, mantendo así a tendencia que se ven experimentando dende fai varios anos. Deste xeito, o número de emigrantes galegos volve baixar un ano máis, como nos últimos sete anteriores, mentres a poboación galega que reside no exterior segue a incrementarse, ata alcanzar os 529.038, 5.182 máis que no 2020.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.589 deles 4.201 son da área da Coruña, 2.386 da de Lugo, 2.705 da de Ourense, 2.084 da de Pontevedra, 3.497 da área de Vigo, 3.116 da de Santiago e 1.508 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 360 en unidades de hospitalización e 19.203 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 501.002 persoas curadas, rexistrándose 3.162 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.743.450. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.597.590.