Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron hoxe un encontro con representantes da hostalería para comunicarlles a decisión de retirar a obrigatoriedade de presentar o certificado covid -tanto de vacinación como de recuperación da enfermidade ou proba negativa- para acceder aos locais de hostalería, tras a reunión de onte do comité clínico. Deste xeito, desde as 00,00 horas deste sábado quedará sen efecto esta medida que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizara ata esa data.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 25.970 deles 5.507 son da área da Coruña, 2.921 da de Lugo, 3.001 da de Ourense, 2.877 da de Pontevedra, 5.408 da área de Vigo, 4.536 da de Santiago e 1.440 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 567 en unidades de hospitalización e 25.372 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 458.468 persoas curadas, rexistrándose 3.075 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.671.626. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.518.975.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 33.355 deles 7.284 son da área da Coruña, 3.611 da de Lugo, 3.707 da de Ourense, 3.732 da de Pontevedra, 7.025 da área de Vigo, 5.871 da de Santiago e 1.728 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 562 en unidades de hospitalización e 32.757 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 444.235 persoas curadas, rexistrándose 3.061 falecementos.
  • A Cidade da Cultura despide este domingo a primeira exposición retrospectiva que se centra na escultura do artista pontevedrés Jorge Castillo Casalderrey, faceta máis descoñecida que a da súa obra pictórica, pero sobre a que traballou desde os seus inicios como artista, establecendo un intercambio constante entre as dúas disciplinas. Será a derradeira fin de semana para achegarse ao Gaiás e gozar desta escolma en 120 obras, cunha montaxe especialmente pensada para ese espazo, co que establece un diálogo permanente de liñas e formas.
  • Alberto Núñez Feijóo afirmou hoxe que o gasto extraordinario nestes dous anos de pandemia superou os 1.500 millóns de euros, segundo un informe presentado hoxe no Consello da Xunta. No ano 2021 a covid-19 supuxo un gasto extraordinario para a Xunta de 901,7 M€, e os maiores reforzos centráronse en todo o referido cos gastos correntes. Foron, en concreto, 662 millóns de euros, 141 M€ máis que no ano 2020. O titular do Goberno galego tamén puxo en valor que no 2021 a Xunta aprobou uns orzamentos co triplo obxectivo de combater a pandemia, reactivar a economía e atender as necesidades das familias e sectores máis afectados pola crise.
  • Preto de vinte concellos, dous centros de ensino e o Centro Sociocomunitario de Ferrol sumáronse xa ás viaxes en autobús organizadas polo Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, para ver a súa produción A peste, que se representará no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe inspirada na obra homónima de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, retoma este mércores o calendario previsto de funcións e permanecerá en cartel no espazo compostelán ata o 13 de marzo.
  • Galicia propuxo un total de 115 areais para optar á Bandeira Azul 2022. A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participou esta semana nunha reunión do xurado nacional que concede estes distintivos, onde se deu a coñecer a listaxe de praias de cada comunidade autónoma candidatas na presente edición. Do Campo destacou que a Comunidade galega, coas 115 propostas —37 da Coruña, 19 de Lugo e 59 de Pontevedra—, é a terceira autonomía que máis opcións presentou, por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía. Os valores e o estado actual dos areais candidatos de Galicia foron avaliados xunto cos de Canarias, Asturias, Cantabria e Andalucía.
  • As colaboracións con institucións internacionais, as itinerancias e o apoio á creación marcan a acción cultural dun ano no que se conmemora o décimo aniversario da apertura do Museo Centro Gaiás. Unha das propostas máis destacadas, que ademais se poderá ver por vez primeira na Península, será CARNE y ARENA, experiencia de realidade virtual gañadora dun Oscar do cineasta mexicano Alejandro González Iñárritu, director de galardoados filmes como Amores perros, Babel, 21 gramos ou Birdman.
  • Galicia aplicará a lei na que se levanta a obriga do uso das máscaras en exteriores, pero mantén a recomendación de empregala onde se poidan producir agrupacións dun número importante de persoas. Ao respecto dos colexios, os expertos do subcomité clínico lembran que se comenzou a administrar a segunda dose da vacina, polo que, ata que os rapaces teñan a pauta completa, o recomendable é seguir coa máscara en espazos exteriores.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea retoma o programa expositivo de apoio a artistas de Galicia de media carreira, iniciado en 2016 e que se viu interrompido nos dous últimos anos por mor da pandemia, coa mostra 'Suso Fandiño. Wunderkammer', que presenta obras recentes e tres grandes instalacións producidas especificamente para o espazo arquitectónico do CGAC. Con ela o artista propón unha serie de vías e ligazóns pouco habituais, debuxando un espazo museístico onde as obras conectan entre si creando relacións punzantes.