Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • O conselleiro de Cultura visitou co novo bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, o templo onde o Goberno galego actúa ao abeiro do Plan Catedrais 2021-2027. Román Rodríguez, nesta visita á Catedral de Mondoñedo feferiuse aos avances que a Xunta está realizando para rehabilitar o templo cun investimento de 6,5M€. En concreto, nestes momentos estase actuando no mural do presbiterio e nas pinturas murais, coa intención de rematen o vindeiro verán. Son as primeiras actuacións do Plan Catedrais 2021-2027 que a Xunta ten en marcha nos grandes templos catedralicios galegos para que afronten a década xacobea nas mellores condicións.
  • O programa 'Música en salas' congregou máis de 7000 persoas nos 135 concertos celebrados durante os últimos dous meses nos 19 espazos que se sumaron a esta iniciativa de dinamización do sector. Ao abeiro de Música en salas, 115 solistas e grupos galegos, que suman 395 músicos, presentáronse desde o pasado 4 de novembro diante do público de 12 vilas e cidades. Os propios locais, todos eles de capacidade reducida, foron os encargadas de elaborar as súas respectivas programacións, a través das que amosaron a calidade e a variedade da escena musical galega actual.
  • Galicia volveu confirmar en novembro o excelente ritmo de recuperación da demanda turística hoteleira galega, rexistrando preto de 231.000 viaxeiros aloxados nos hoteis galegos onde pasaron máis de 434.000 noites, unhas cifras que triplican as acadadas o ano pasado. Galicia segue así á cabeza da recuperación da demanda turística hoteleira a nivel nacional, só por detrás de Asturias, segundo recolle o INE na súa Conxuntura Turística Hoteleira de novembro. O novo informe destaca que Galicia mantense nos postos de cabeza da recuperación turística tanto este mes de novembro, con case as mesmas cifras de viaxeiros que en novembro de 2019, como no acumulado do ano.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.227 deles 2.678 son da área da Coruña, 1.153 da de Lugo, 2.527 da de Ourense, 2.575 da de Pontevedra, 5.706 da área de Vigo, 1.946 da de Santiago e 642 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 228 en unidades de hospitalización e 16.953 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 192.489 persoas curadas, rexistrándose 2.735 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.183.042. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.655.442.
  • A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2021 situouse en 2.696.876 habitantes, cun saldo migratorio positivo de 12.001 persoas, segundo recolle a estatística ‘Cifras de Poboación' que acaba de publicar de xeito definitivo o IGE. Deste xeito, segundo publica o IGE a través da ‘Estatística de Migracións' do ano 2020, continúa producíndose, a pesar da pandemia, un aumento de persoas que chegan a Galicia. Incrementáronse os españois residentes en Galicia nados no estranxeiro, nun 4,6% e os nados en España pero con nacionalidade estranxeira, nun 7,2%.
  • A parte da programación que conforma a Rede Galega de Teatros e Auditorios arrancará os días 21 e 22 de xaneiro con catro funcións de Moria, a exitosa produción de teatro documental arredor dos campos de refuxiados a cargo da compañía canaria Unahoramenos Producciones. Continuará o 30 e 31 de marzo e o 1 de abril coa estrea absoluta de O porco de pé, a obra de Vicente Risco levada a escena por Producións Teatrais Excéntricas, con dramaturxia de Quico Cadaval e Pepe Sendón, e con Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo na interpretación.
  • A Cidade da Cultura é o escenario elixido para o primeiro concerto da xira da Sinfónica de Galicia coa cantaora Marina Heredia, que fará o seu debut coa orquestra o 17 de decembro no Museo Centro Gaiás. Con esta actuación especial, a Xunta de Galicia dá comezo este venres á programación de actividades pensadas para gozar en familia do Nadal no Gaiás. Filla e neta de cantaores, Marina Heredia medrou rodeada de flamenco e comezou a cantar desde moi nova, pisando por primeira vez os escenarios con tan só 12 anos.
  • Este Nadal, os Bolechas están a preparar unha carta a Papá Noel, pero a cousa complícase e deciden seguir o labor comendo noces, que así pensan mellor. Mais as noces teñen a casca moi dura e escachan os dentes. Entón, os irmáns collen un crebanoces na cociña, pero trillan os dedos. De súpeto, alguén chama á porta e aparece un enorme crebanoces de Nadal chegado directamente de Alemaña para axudalos, mais ao pouco de empezar, o convidado fica inmóbil. Tras unha chamada ao 112, os Bolechas descobren que o crebanoces non é humano, senón un boneco de corda e, ademais, non teñen a chave para volver activalo.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.221 deles 1.719 son da área da Coruña, 749 da de Lugo, 2.708 da de Ourense, 1.858 da de Pontevedra, 3.885 da área de Vigo, 826 da de Santiago e 476 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 243 en unidades de hospitalización e 11.929 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 186.440 persoas curadas, rexistrándose 2.699 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.097.413. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.355.891.
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que todas as familias galegas con nenos de 5 a 11 anos disporán a partir da vindeira semana dun test gratuíto nas farmacias, que se complementará cunha PCR de contraste no caso de que dea positivo. En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara, Feijóo afirmou que o Goberno galego seguirá traballando con rigor e incidindo na necesidade de seguir alerta e non relaxarse nas medidas de protección como: máscara en interiores, manter a distancia de seguridade, hixiene e ventilación ou tests e seguimento de contactos.