Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • Tras a actuación do grupo de música tradicional Leilía será a quenda de Belém Tajes, quen, despois de ser vocalista con Luar na Libre e Vudú, presentará o seu proxecto no museo vigués mañá, ás 20,00 horas. Compartirá escenario con Su Garrido, cantante, música e compositora galega que abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin. O concerto previsto para o sábado 27 será en horario de mañá, ás 12,00 horas, e estará protagonizado por Blues do País, a banda liderada por Bieitta James e que fai versións de clásicos do blues e do soul adaptadas á idiosincrasia e retranca galegas. Xunto a ela actuará o dúo Mallou, liderado por Sabela Bello, co seu novo proxecto no que reinterpreta a tradición da música popular de Galicia.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.749 deles 367 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 412 da de Ourense, 156 da de Pontevedra, 360 da área de Vigo, 167 da de Santiago e 117 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 42 en unidades de hospitalización e 1.695 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.716 persoas curadas, rexistrándose 2.661 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.941.690. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.616.466.
  • A Xunta de Galicia emitiu un total de 2.149.567 certificados covid. Deles, 2.070.953 foron certificados de vacinación, 48.833 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 29.781 certificados de ter superado a enfermidade. ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.285 deles 317 son da área da Coruña, 124 da de Lugo, 295 da de Ourense, 106 da de Pontevedra, 233 da área de Vigo, 113 da de Santiago e 97 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 44 en unidades de hospitalización e 1.232 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.595 persoas curadas, rexistrándose 2.656 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.932.022.
  • A Xunta e os hostaleiros acordaron solicitar o certificado covid -tanto de vacinación como de recuperación da enfermidade ou proba negativa- para acceder aos locais do sector co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria debido ao aumento dos contaxios nas últimas semanas pero causando o mínimo prexuízo posible ao sector. O Goberno galego, dacordo cos hostaleiros, proporá solicitar o certificado covid na hostalería, que require autorización previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A previsión é solicitalo nos restaurantes durante todo o seu horario de apertura e nos bares e cafetarías a partir das 21,00 horas.
  • A primeira edición de Sinsal Museo do Mar ofrecerá tres xornadas de música que xuntarán tradición e vangarda, comezando polas sonoridades do jazz, do folk ou do indie que transita Luísa Sobral, unha das voces novas máis salientables de Portugal. En canto aos concertos da vindeira semana, o recinto museístico contará con dous escenarios situados nas salas Curiosidades científicas e Lonxa. Na primeira delas, terán lugar na tarde do sábado 20 os acústicos do compositor e produtor británico, residente en Vigo, Adrian Timms e mais de Rebe, unha das revelacións da escena musical española.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 993 deles 258 son da área da Coruña, 85 da de Lugo, 259 da de Ourense, 78 da de Pontevedra, 146 da área de Vigo, 85 da de Santiago e 82 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 37 en unidades de hospitalización e 945 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.482 persoas curadas, rexistrándose 2.655 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.924.506. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.574.548.
  • A Cidade da Cultura de Galicia organiza o novo ciclo Matinais Musicais que arrinca esta fin de semana para achegar o jazz, a música a capella e a música barroca a todos os públicos. O programa inclúe nesta edición tres concertos programados para as mañás dos domingos de novembro e decembro, coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia e o grupo Gallaecia, Ensemble Barroco. O Quinteto de Metais da Orquestra Sinfónica abre as Matinais Musicais este domingo 14 de novembro ás 12,00 horas no Museo Centro Gaiás, cun repertorio no que a trompeta será a guía coa que descubrir o Jazz e a música dos Estados Unidos de América.
  • Ponse en marcha o novo ciclo 'Música en salas', que ofrecerá durante dous meses 135 concertos de 115 artistas e bandas galegas en 19 locais das catro provincias. Esta iniciativa xurde da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura para impulsar a recuperación da actividade musical en directo neste tipo de espazos, ademais de contar coa complicidade de Músicas ao Vivo como entidade que representa os intereses dos intérpretes. Os obxectivos e a programación de Música en salas foron detallados en Vigo no transcurso da presentación que tivo lugar en La Fábrica de Chocolate Club, e que contou cunha breve interpretación musical de Los EP.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 581 deles 152 son da área da Coruña, 50 da de Lugo, 138 da de Ourense, 55 da de Pontevedra, 81 da área de Vigo, 55 da de Santiago e 50 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 28 en unidades de hospitalización e 547 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.199 persoas curadas, rexistrándose 2.653 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.904.554. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.501.211.