Noticias
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.764 deles 760 son da área da Coruña, 525 da de Lugo, 299 da de Ourense, 187 da de Pontevedra, 434 da área de Vigo, 456 da de Santiago e 103 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 88 en unidades de hospitalización e 2.645 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 176.101 persoas curadas, rexistrándose 2.612 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.800.822. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.281.955.
-
A nova edición do Festival Outono Lírico está composta por concertos, conferencias e actividades paralelas. Arrancará o venres co tenor Ismael Jordi e a soprano Sabina Puértolas, que, xunto ao músico Rubén Fernández, actuarán no concerto inaugural no Teatro A Fundación. O 16 de outubro ás 20,00 horas será a quenda do tenor Ramón Vargas, que estará acompañado por Mzia Bakthouridze ao piano; o día 31 de outubro actuará a mezzosorpano Nancy Fabiola Herrera e o tenor Alejandro Roy con Javier Carmena. Os concertos rematarán o 6 de novembro con 'A emigración galega, cancións de ida e volta' a cargo de Borja Quiza e Fernando Briones ao piano.
-
As conmemoracións do 70 aniversario arrancarán este mes de setembro para achegar o museo ao público a través de visitas e teatralizacións. Comezará este venres 17 de setembro cun itinerario e visita teatralizada a cargo da Compañía TEP que partirá ás 18,00 horas da antiga sede do museo, na Casa Gótica da rúa San Miguel. Haberá, ademais, visitas guiadas ao Museo os días 21, 22 ,23, 24 ás 18,00 horas e o sábado 25 ás 12,00 e ás 18,00 horas. Durante o mes de outubro será a quenda dos obradoiros, conferencias e concertos. Así, o sábado 2 de outubro de 11,30 a 13,30 horas organízanse nos soportais do museo os obradoiros de acibeche e de ourivería.
-
O festival Fisterra Blues Experience chega esta fin de semana á súa quinta edición. A organización presentou hoxe o cartel que desenvolverá o sábado 18 e o domingo 19 e a través da que busca ofrecer unha experiencia cultural e de ocio coa música e o Atlántico como protagonistas. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, interviñeron hoxe na presentación do festival no Semáforo de Fisterra, xunto aos representantes municipais e a Vítor Velho, de Nordesía Producións, promotora do evento.
-
A Unesco declara a Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel a sétima reserva da biosfera de GaliciaA Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel xa é a sétima reserva da biosfera de Galicia. Así o proclamou o Consello Internacional de Coordinación do Programa Man and the Biosphere (MaB) da Unesco, reunido na cidade nixeriana de Abuja desde o pasado luns, e que anunciou publicamente os novos territorios recoñecidos baixo esta figura internacional. Durante a súa intervención por videoconferencia para defender a candidatura ante o órgano reitor do MaB, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou a importancia desta decisión tanto para os 23 municipios incluídos na mesma (18 da provincia de Lugo e 5 de Ourense cunha poboación de máis de 75.000 habitantes) como para o conxunto de Galicia.
-
Presentouse a nova edición do Festival Agustín Magán que arranca o venres en Santiago. No seu vixésimo aniversario diversificará os espazos das representacións e organizarase unha mención homenaxe con motivo do centenario de Agustín Magán. A iniciativa está impulsada pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) e as obras que participan son seleccionadas por un xurado entre as propostas dos grupos federados das catro provincias galegas. Fegatea cumpre 21 anos de andaina e recibiu o Premio da Cultura Galega 2020 polo seu labor nas artes escénicas.
-
A Cidade da Cultura de Galicia programa os sábados 18 e 25 de setembro dous concertos didácticos para público familiar no andar -1 do Museo Centro Gaiás. Baixo o título Camiños de Músicas, o ciclo ofrecerá un percorrido polas influencias sonoras do Camiño co fin de embarcar o público nunha peregrinación didáctica polo patrimonio musical. A primeira das citas terá lugar o sábado 18 de setembro e explorará da man de Kike Estévez as formas de improvisación oral que se fixeron presentes no Camiño ao longo dos séculos. O sábado 25 chegará a quenda para o Cuarteto Alicerce e o clown Alfredo Pérez, cunha proposta coa que se achegar desde a creatividade e o humor á música de Wolfgang Amadeus Mozart.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.466 deles 939 son da área da Coruña, 667 da de Lugo, 367 da de Ourense, 224 da de Pontevedra, 509 da área de Vigo, 600 da de Santiago e 160 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 116 en unidades de hospitalización e 3.308 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 175.104 persoas curadas, rexistrándose 2.604 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.791.243. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.230.385.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a apertura este sábado dos centros de vacinación masiva para que calquera galego que non estea vacinado poida acudir sen necesidade de cita e recibir a súa primeira dose; así como a habilitación o luns e martes da vindeira semana -13 e 14 de setembro- de puntos de vacinación nos sete campus galegos para que, tamén sen necesidade de cita previa, a poboación universitaria que aínda non teña a vacina poida acudir a recibir a súa dose.
-
A Semana de Cine de Lugo chega á súa 43ª edición cunha carteleira que inclúe 135 títulos e actividades paralelas que se desenvolverán do 20 ao 25 de setembro. Esta 43ª edición da Semana de Cine articularase arredor de once seccións, entre elas unha de Cine Galego que inclúe 22 películas. Tamén haberá Sección Oficial, Xoias do Ano, ciclo Infantil, Cine Documental, A Outra Beira, Cine e Fotografía, As Curtas Cine Son, E para comer Lugo, Cine Nacionalidades e Homenaxes. Paralelamente, prográmanse conferencias, debates e presentacións en diferentes escenarios. Nesta edición a Semana homenaxea ao actor nado en Riotorto Luis Iglesia Besteiro.