Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.793 deles 1.225 son da área da Coruña, 950 da de Lugo, 512 da de Ourense, 301 da de Pontevedra, 702 da área de Vigo, 873 da de Santiago e 230 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 117 en unidades de hospitalización e 4.633 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 173.236 persoas curadas, rexistrándose 2.595 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.779.010. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.198.297.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.177 deles 1.301 son da área da Coruña, 1.050 da de Lugo, 543 da de Ourense, 316 da de Pontevedra, 768 da área de Vigo, 938 da de Santiago e 261 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 120 en unidades de hospitalización e 5.008 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 172.679 persoas curadas, rexistrándose 2.592 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.775.347. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.196.758.
  • A temperatura media rexistrada nos meses de xuño, xullo e agosto foi de 18.8ºC, polo que o período estival galego considérase lixeiramente frío. Así se recolle no informe climatolóxico de verán deste ano 2021 elaborado por MeteoGalicia, que estima tecnicamente os tres meses citados como época estival. Nos tres meses, a anomalía na temperatura media foi de -0.29ºC, debido principalmente aos valores rexistrados nos meses xuño e xullo, que non puido compensar o mes de agosto.
  • A Sala Ártika de Vigo desvelou hoxe a programación da súa nova temporada escénica, no marco da que lle ofrecerá ao público 75 actuacións de 33 compañías ata finais de ano. Na programación de setembro a decembro da Sala Ártika inclúense catro festivais e ciclos (II Comediártiko, XXVI Festival Internacional de Títeres Galicreques, circuíto estatal da Red de Teatros Alternativos e VII Festival Pequeártiko de Nadal), cinco estreas absolutas, 20 espectáculos para público familiar e 13 producións para público adulto.
  • A Biblioteca de Galicia inaugurou a mostra 'Imago Sancti Iacobi: a iconografía xacobea na Biblioteca de Galicia', unha exposición de percorre os deseños, iconas e ilustracións coas que foron representados o Camiño de Santiago, o Apóstolo e a cidade de Compostela ao longo dos séculos. Comisariada por Daniel Buján e Nacho Cabano, a exposición reúne máis de 40 obras da colección da Biblioteca de Galicia sobre a evolución dunha tradición iconográfica que contribuíu enormemente a engrandecer o fenómeno xacobeo e a estendeu o coñecemento do Camiño de Santiago e Compostela. A exposición ilustra as primeiras representacións da cidade, e a paulatina aparición de iconografías e simboloxías do fenómeno xacobeo.
  • 'Serva me, servabo te' é a última das producións postas en marcha polo Centro Dramático Galego. En xaneiro arrancaba a programación propia con O charco de Ulises, da que está prevista unha xira a finais de ano. En abril facíao Terceiro acto, que despois de estar un mes en cartel volveu o pasado xullo ao Salón Teatro, ademais de representarse na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. A elas súmaselles A contenda do río Miño, a coprodución coa Companhia de Teatro de Braga estreada en xullo no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.
  • O escenario do Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 ten unha cita este venres ás 22,30 horas coa artista Mounqup. Francesa de nacemento pero galega de adopción, Camille Hèdoin, o seu auténtico nome, caracterízase polos ritmos de música jazz, electrónica e folk. Conta con dous discos ás súas costas e está traballando nun terceiro que verá a luz en breve. Ademais, foi a impulsora da recuperación da aldea de Saumede (Ourense) como punto de convivencia cultural onde cada verán xestiona un festival multidisciplinar.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.022 deles 2.083 son da área da Coruña, 1.437 da de Lugo, 672 da de Ourense, 557 da de Pontevedra, 1.391 da área de Vigo, 1.317 da de Santiago e 565 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 169 en unidades de hospitalización e 7.798 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 167.938 persoas curadas, rexistrándose 2.566 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.741.333. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.059.650.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.284 deles 2.530 son da área da Coruña, 1.422 da de Lugo, 707 da de Ourense, 731 da de Pontevedra, 1.943 da área de Vigo, 1.291 da de Santiago e 660 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 217 en unidades de hospitalización e 9.010 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 165.271 persoas curadas, rexistrándose 2.553 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.722.274. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.011.284.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa, das decisións adoptadas polo comité clínico, na que se acordou o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Ordes e Monforte de Lemos. Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade remarcou que a situación epidemiolóxica de Galicia continúa rexistrando unha “lixeira melloría”, seguindo coa boa evolución das últimas semana.