Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.106 deles 4.579 son da área da Coruña, 1.758 da de Lugo, 1.176 da de Ourense, 1.907 da de Pontevedra, 3.967 da área de Vigo, 1.710 da de Santiago e 1.009 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 275 en unidades de hospitalización e 15.778 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 148.914 persoas curadas, rexistrándose 2.499 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.635.801. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.685.055.
  • A exposición 'Faraón. Rei de Exipto' pecha as súas portas este domingo 15 de agosto na Cidade da Cultura, onde continúa a congregar diariamente a centos de persoas visitantes para gozaren desta escolma de pezas procedentes das coleccións do British Museum, que poden verse no Gaiás froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación ”la Caixa” e o propio museo británico, no marco do Xacobeo 21-22. A exposición, que achega por vez primeira a Galicia esta escolma de 140 pezas de arte exipcia con máis de 3.000 anos de historia, explora o simbolismo e o ideario da monarquía do país do Nilo, á vez que tenta desvelar as historias que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que deixou esta antiga civilización.
  • O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, pediu unha vez máis, no Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, transparencia para coñecer cal é o criterio que seguiu o Ministerio á hora de distribuír os 3,4 millóns de doses extra de Pfizer, xa que en ningún momento se explicou. 'Que se elabore un documento que coñezan todas as CCAA para poder planificar e desenvolver a vacinación do xeito mais eficiente. Galicia é unha Comunidade solidaria, aceptamos, como non pode ser doutro xeito, un axuste, pero é necesaria transparencia'.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.471 deles 4.599 son da área da Coruña, 1.834 da de Lugo, 1.234 da de Ourense, 2.029 da de Pontevedra, 4.026 da área de Vigo, 1.753 da de Santiago e 996 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 291 en unidades de hospitalización e 16.126 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 147.832 persoas curadas, rexistrándose 2.494 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.629.587. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.649.477.
  • O Executivo galego aprobou este ano 55 proxectos presentados polas confrarías de pescadores para modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque cun orzamento total de máis de 2,5 millóns de euros e que, con eles, a Xunta leva investidos desde 2016 máis de 10 millóns de euros en achegas para máis de 330 actuacións deste tipo. A Administración galega vai publicar esta mesma semana unha nova convocatoria de axudas para proxectos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda dos produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque que contará cun orzamento de 800.000 euros a repartir entre 2021 e 2022.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que a incidencia da covid na nosa comunidade está en tendencia á baixa, posto que descende o ritmo de novos contaxios, mellora a incidencia acumulada e baixa a positividade nas probas diagnósticas. Ao respecto, fixo un chamamento a seguir cumprindo as normas, posto que xa vai quedando menos para conseguir a inmunización da poboación. A melloría dos datos, -dixo o conselleiro-, permite que só un concello estea en nivel máximo, e que Santiago e Ourense deixen o nivel alto e pasen ao medio.
  • O programa inclúe máis de 30 concertos por toda a xeografía galega, outras actuacións enmarcadas en ata catro xiras (algunhas mesmo fóra da Comunidade) e a gravación de catro proxectos musicais. Así mesmo, están previstas unha decena de accións como encargas a compositores, proxectos dirixidos a promover a música clásica entre os máis novos ou a fomentar dentro destas entidades o uso de plataformas dixitais para a difusión das súas creacións. O obxectivo desta programación é reforzar a presenza da música clásica na celebración do Xacobeo, achegándoa ao gran público.
  • O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo. Por outra banda, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.622 deles 4.144 son da área da Coruña, 2.212 da de Lugo, 1.664 da de Ourense, 2.703 da de Pontevedra, 4.646 da área de Vigo, 2.216 da de Santiago e 1.037 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 257 en unidades de hospitalización e 18.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 139.948 persoas curadas, rexistrándose 2.479 falecementos.
  • As baixas temperaturas rexistradas o mes pasado convertérono 'no xullo máis frío desde 2012'. 'O sétimo mes do ano foi inestable e irregular, con frío nas comarcas atlánticas, seco e con poucos días de sol. O valor medio das temperaturas situouse nos 19.0ºC, o que resulta unha anomalía de -0.66ºC respecto ao período de referencia para o conxunto da Comunidade e fai que este período se considere como frío e que haxa que mirar case unha década cara a atrás para atopar un precedente similar. A media das máximas situouse nos 23.2ºC, mentres o das mínimas foi de 12.4ºC.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.771 deles 4.091 son da área da Coruña, 2.231 da de Lugo, 1.715 da de Ourense, 2.894 da de Pontevedra, 4.590 da área de Vigo, 2.260 da de Santiago e 990 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 261 en unidades de hospitalización e 18.468 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 138.762 persoas curadas, rexistrándose 2.474 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.581.388. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.525.942.