Noticias
-
Galicia rexistrou durante esta ponte unha ocupación media ata o luns dun 75-80%, onde destaca a ocupación por riba do 90% nos hoteis de 4 estrelas ou superiores, así como nos que ofertan spa ou similares, ademais do turismo rural, no que algúns establecementos da provincia de Ourense acadaron o 100%. O sábado rozouse a plena ocupación en boa parte dos destinos galegos, cifras que foron baixando paulatinamente nas noites de domingo e luns.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.028 deles 1.205 son da área da Coruña, 679 da de Lugo, 2.241 da de Ourense, 1.144 da de Pontevedra, 2.711 da área de Vigo, 639 da de Santiago e 409 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 8.782 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 183.686 persoas curadas, rexistrándose 2.682 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.050.599. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.167.042.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.495 deles 911 son da área da Coruña, 573 da de Lugo, 1.709 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 1.841 da área de Vigo, 488 da de Santiago e 306 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 155 en unidades de hospitalización e 6.308 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 182.286 persoas curadas, rexistrándose 2.673 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.013.065. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.993.864.
-
O calendario de estreas do programa de coproducións de danza que desenvolve o Centro Coreográfico Galego entra na súa recta final con tres citas esta semana. O venres terán lugar as primeiras funcións de Nova Galega de Danza co espectáculo Credo nas Pontes de García Rodríguez e de Colectivo Glovo con Tabú en Lugo, mentres que Javier Martín exhibirá este sábado en Oleiros Figuras do limiar, na que será a súa presentación en Galicia tras ver a luz o pasado 12 de novembro no Teatro El Musical de Valencia. Ademais, o 22 de decembro subirá a escena na Coruña a peza Nó, da compañía Elahood, coa que se completarán as estreas das seis pezas coproducidas polo Centro Coreográfico Galego.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.973 deles 838 son da área da Coruña, 548 da de Lugo, 1.572 da de Ourense, 592 da de Pontevedra, 1.652 da área de Vigo, 473 da de Santiago e 298 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 139 en unidades de hospitalización e 5.804 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 182.030 persoas curadas, rexistrándose 2.671 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.005.329. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.970.864.
-
Musicada por Fernando Buide, con texto e dirección escénica de Quico Cadaval, a obra estrearase o 9 de decembro para os aboados do Auditorio de Galicia e terá outra sesión aberta ao público xeral o día 10. Tamén se poderá seguir o día 9 en streaming pola canle de YouTube da Real Filharmonía de Galicia. Dirixida polo director titular e artístico da Filharmonía, o mestre Paul Daniel, contará coas voces da soprano María Hinojosa, do barítono César San Martín e do actor Víctor Mosqueira –que fai de personaxe muda–.
-
A Cidade da Cultura de Galicia deu a coñecer no marco da feira Culturgal as actividades de Nadal que terán lugar no Gaiás a partir do 17 de decembro. A programación conta cunha instalación no interior do museo a cargo da recoñecida artista Ana Inés Jabares-Pita, que recreará o Camiño de Inverno a través de bólas de neve a escala humana. A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá na xornada inaugural un gran concerto co acompañamento da cantaora Marina Heredia no que interpretarán obras de García Lorca e Falla.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.056 deles 715 son da área da Coruña, 475 da de Lugo, 1.351 da de Ourense, 456 da de Pontevedra, 1.372 da área de Vigo, 426 da de Santiago e 261 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 114 en unidades de hospitalización e 4.916 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 181.753 persoas curadas, rexistrándose 2.667 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.992.631. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.919.360.
-
A Cidade da Cultura contará co primeiro centro de artes dixitais de Galicia, e un dos espazos pioneiros e líderes en España neste novo eido da creación. Este foi un dos principais avances do II Plan Estratéxico do Gaiás para o período 2021-2027 que o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, presentou esta mañá na Comisión 4º do Parlamento de Galicia, nunha comparecencia a petición propia para dar a coñecer esta nova folla de ruta. O futuro centro de artes dixitais situarase nos aparcadoiros subterráneos do antigo Teatro da Música, hoxe Fontán. Non suporá, polo tanto, a construción dun edificio novo, senón a adecuación e o equipamento de sotos xa existentes e en desuso despois da paralización das obras do Teatro da Música.
-
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da 50ª edición do Belén de Begonte, que abrirá as súas portas entre o 4 de decembro e o 29 de xaneiro de 2022. A cita, declarada de interese turístico galego, recupera así a presencialidade despois de celebrar o ano pasado unha edición virtual por mor das restricións impostas a causa da pandemia. Porén, tamén poderá ser visitado a través da súa web, que recolle a historia e outra información de interese sobre o proxecto. A versión virtual do Nacemento estará dispoñible en galego, castelán e inglés.