Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, Cualedro, A Pobra do Caramiñal, O Grove, e Vilanova de Arousa.Así mesmo, o subcomité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño, Ribadumia, e Ponteareas.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou “a situación estable” que está a ter a nosa comunidade no que respecta aos datos da covid, cun lixeiro incremento dos casos activos. O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, remarcou que a campaña de vacinación “segue a bo ritmo”, o que marca a chegada de vacinas, e animou á cidadanía a que se vacine e que acudan aos cribados, cando sexan citados polo Servizo Galego de Saúde. Subliñou , así mesmo, a boa nova das residencias, onde xa non hai contaxiados, nin residentes nin traballadores.
  • A Xunta de Galicia vén de realizar un estudo sobre a efectividade e o impacto da vacina fronte á covid, como parte do proceso do Plan de Vacinación fronte ao coronavirus. Os datos analizados abranguen a persoas que a día 27 de decembro, data no que se iniciou o proceso de vacinación, non tiveran ningunha proba diagnóstica positiva. O seguimento dos datos son ata o día 17 de marzo de 2021, considerándose 936.425 resultados de probas diagnósticas e logo de administrarse 349.848 doses vacinais (11.194 de Moderna, 73.666 de AstraZeneca e 264.988 de Pfizer), e recibindo 250.226 persoas, polo menos, a primeira dose, e 99.622 persoas a pauta completa.
  • O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia entra na Lista Ramsar, a Listaxe de humidais de importancia internacional. A Xunta de Galicia, polo tanto, celebra que a súa proposta de inclusión acabe de ser ratificada esta mañá por parte do Consello de Ministros na súa reunión semanal. O Parque Nacional cumpre con varios criterios que se fixan para a identificación deste espazo como humidal de importancia internacional, como é o feito de ser un exemplo representativo, raro e único, grazas á extensa rede de furnas mariñas que se localizan nas illas Cíes e Ons.
  • A Cidade da Cultura de Galicia impulsou unha iniciativa no marco do Día do Libro coa representación de As enxeñosas do Fidalgo, unha narración musicada para cativada da primeira tradución completa ao galego do Quixote, realizada por un equipo de lingüistas dirixido por Valentín Arias, do que formaba parte a súa filla, Xela Arias, homenaxeada coas Letras Galegas 2021. A coñecida contadora Soledad Felloza e a Banda Municipal de Santiago de Compostela foron as encargadas de pórlle voz e música no Xardín do Teatro do Gaiás a extractos da novela máis universal de Cervantes. A narración musicada, ideada para un público familiar, tivo como protagonistas á pastora Marcela, Tareixa Panza, Quitería ou Claudia.
  • O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e Carballeda de Valdeorras. Así mesmo, o grupo de expertos tamén determinou o nivel alto de restricións en 9 concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Cortegada, O Barco de Valdeorras, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre.
  • O Observatorio Municipal Galego, iniciativa da Rede Localis, fixo público un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a rede xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo destaca a 'excelente saúde financeira' dos concellos fronte á crise provocada pola covid-19 e recomenda ampliar a suspensión das regras fiscais ata 2022. O documento céntrase no estudo das medidas fiscais e orzamentarias que teñen tomado os concellos galegos de maior poboación e as deputacións provinciais polas repercusións económicas e sociais da pandemia.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.439, deles 602 son da área da Coruña, 176 da de Lugo, 205 da de Ourense, 375 da de Pontevedra, 625 da área de Vigo, 363 da de Santiago e 93 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 157 en unidades de hospitalización e 2.257 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 114.466 persoas curadas, rexistrándose 2.371 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.936.140. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 803.291.
  • O festival Bal y Gay 2021 comezará no mes de maio co ciclo Schubert no Camiño asociado á Ruta Xacobea e en colaboración coa Schubertiada de Vilabetrán. Nesta primeira entrega levaranse a cabo tres concertos en tres etapas do Camiño do Norte. A primeira destas citas será o 14 de maio e correrá a cargo da pianista Judith Jáuregui, na Basílica de San Martiño (Foz). Na xornada do día 14 actuarán Cuarteto Cosmos e o violonchelista Fernando Arias na igrexa de Santa María, en Vilanova de Lourenzá. O último concerto será o día 16 na Catedral de Mondoñedo co tenor Christoph Prégardien e o pianista Daniel Heide.
  • O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe as novas medidas acordadas polo comité clínico de expertos sanitarios, entre as que destacou as relacionadas co toque de queda, as residencias de maiores e a hostalería. Logo de precisar que todas as decisións acordadas entrarán en vigor a partir deste venres 16 de abril, Feijóo confirmou que Galicia seguirá apostando por unha apertura “progresiva, puntual e proporcional”, tendo a prudencia como máxima.