Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.306, deles 752 son da área da Coruña, 162 da de Lugo, 151 da de Ourense, 238 da de Pontevedra, 621 da área de Vigo, 274 da de Santiago e 108 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 182 en unidades de hospitalización e 2.094 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 112.687 persoas curadas, rexistrándose 2.344 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.863.866.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.354, deles 791 son da área da Coruña, 169 da de Lugo, 145 da de Ourense, 231 da de Pontevedra, 619 da área de Vigo, 268 da de Santiago e 131 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 167 en unidades de hospitalización e 2.157 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 112.349 persoas curadas, rexistrándose 2.342 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.851.886. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 478.542.
  • O novo Plan Catedrais que prepara a Xunta de Galicia blindará o mantemento e conservación destes cinco grandes templos galegos no horizonte do Xacobeo 2027 para dar continuidade ao esforzo inversor dos últimos anos coa intención de seguir preservando o patrimonio. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita á Catedral de Mondoñedo onde anunciou un primer investimento de máis de 300.000 euros para a restauración do conxunto mural do presbiterio e nave central. O Plan Catedrais está neste momento en elaboración, en diálogo coas distintas dioceses.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou hoxe, en rolda de prensa, dos acordos do comité clínico celebrado no día de hoxe. O titular da carteira sanitaria do Executivo galego destacou que a Xunta de Galicia vai posibilitar, a partir da primeira quincena de abril, aos cidadáns que se vacinen, acceder a un certificado dixital que poderá ser validado a través da súa sede electrónica. Así, -tal e como explicou o conselleiro-, cada vez que se realice a administración dunha vacina, ou se produza un resultado negativo dunha PCR, ou teña lugar unha recuperación recente da infección, será posible xerar un documento asinado dixitalmente que se almacenará na historia clínica.
  • Nesta edición de 2021 a proba atravesará na súa antepenúltima etapa o 3 de setembro os concellos de Monforte, Lugo e Sarria para continuar polas Rías Baixas desde Sanxenxo a Mos pasando por Pontevedra, Redondela, O Porriño e Baiona deixando para a contrarreloxo individual do domingo 5 de setembro o tramo de Padrón a Santiago de Compostela, para chegar como tódolos peregrinos á porta da Catedral compostelá. Por iso, estiveron presentes os alcaldes de Santiago de Compostela, Padrón, Sanxenxo, Mos, e Monforte de Lemos, municipios de saída e chegada das tres etapas pola comunidade.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa da situación de estabilidade que reflicten os datos epidemiolóxicos de Galicia. Trala xuntanza do grupo de expertos que avalía a evolución da covid-19 en Galicia, o titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que “o descenso da curva de casos xa non amosa un descenso tan pronunciado como nas últimas semanas, polo que podemos falar dunha situación de meseta a nivel epidemiolóxico”. Das 96.590 persoas citadas que pertencen aos colectivos de profesionais esencias, 67.700 persoas xa foron vacinadas, unha cifra que representa ao redor do 70% do seu total.
  • A Xunta de Galicia recibiu 7.160 denuncias procedentes de 111 concellos por incumprimento das medidas sanitarias implantadas para evitar a propagación do covid-19 a raíz do convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) ao que se sumaron 178 concellos, o 58% do total en Galicia, para a xestión dos expedientes punitivos que son de competencia municipal. En resposta a unha pregunta no Parlamento de Galicia, o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, indicou que hai xa un millar de presuntos infractores que recibiron nos últimos días as notificacións.
  • Foi inaugurada nas Torres Hejduk 'O perpetuto tránsito cara ao presente', unha intervención artística do enxeñeiro forestal Miguel Moreno Mateos (Madrid, 1978), quen reconstrúe un orixinal sistema de rego, composto por 17 esferas de cristal de diferentes tamaños e feitas artesanalmente, en cuxo interior hai material orgánico (minerais, crustáceos, pedras...). A través destes cilindros, e coa choiva recollida no cumio da torre opaca, nútrese un viveiro con sementes, situado na torre de cristal, co obxecto de facelas xermolar. A idea é reflectir a importancia da auga como orixe da vida e xusto na mesma semana que se conmemora o Día Mundial da Auga.
  • A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego celebrará do 6 ao 10 de abril en Santiago de Compostela a súa 16ª edición cunha carteleira de películas e actividades paralelas centradas en dar a coñecer os últimos e máis salientables traballos que se están a facer no eido da antropoloxía visual. A organización da Mostra desvelou os contidos completos do certame, que este ano se estrutura arredor da vintena de proxeccións da Sección Oficial e da de Fóra de Concurso, así como do apartado Impropias, que aborda a memoria histórica desde unha perspectiva de xénero, e Trazas, en colaboración co Cineclube de Compostela.
  • Turismo de Galicia acaba de reeditar o folleto de sendeirismo 'Sendas para descubrir un país', unha publicación de 268 páxinas que constitúe unha das mellores ferramentas para a práctica desta actividade en todo o territorio da comunidade galega. Nesta nova edición, a publicación especializada en sendeirismo actualiza a súa información e inclúe 57 camiños máis ca anterior edición. Esta guía recolle información sobre os 122 sendeiros homologados pola Federación Galega de Montañismo para practicar sendeirismo en Galicia, dos que tres son sendeiros de gran percorrido e 119 de pequeno percorrido. A publicación inclúe información sobre a nomenclatura e símbolos que o camiñante se atopará nos camiños, así como sobre o Sistema MIDE, relacionado coa comunicación entre excursionistas para avaliar as esixencias técnicas e físicas dos percorridos.