Noticias
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.481, deles 959 son da área da Coruña, 193 da de Lugo, 153 da de Ourense, 208 da de Pontevedra, 500 da área de Vigo, 271 da de Santiago e 197 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 215 en unidades de hospitalización e 2.217 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.061 persoas curadas, rexistrándose 2.320 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.802.302. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 385.613.
-
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou na rolda de prensa de Consello a posta en marcha dunha unidade multidisciplinar poscovid en cada unha das 7 áreas sanitarias para proporcionar unha atención e recuperación e de calidade a todos os afectados pola covid-19. Estas unidades, que comezarán a funcionar neste mesmo mes, sinalou, estarán compostas por un equipo de profesionais de diversas disciplinas, nas que o núcleo duro estará conformado por especialistas en medicina interna, neumoloxía e enfermería con función de xestión de casos e consulta de coidados específicos.
-
O número de emigrantes galegos volve baixar un ano máis, continuando a tendencia dos últimos exercicios, mentres a poboación galega que reside no exterior segue a incrementarse, ata alcanzar os 523.856 a 1 de xaneiro de 2021, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Esta diferenza explícase, principalmente, polo aumento da cifra de descendentes das cidadás galegos que viven no estranxeiro e que xa foron nados no seu país de destino.
-
O CDG pon á disposición dos centros educativos e da sociedade en xeral o recurso pedagóxico 'Das musas ao teatro. O espazo do espectáculo en Galicia', destinado a achegarlles aos máis novos a realidade da escena. Trátase dunha publicación dixital elaborada por Sheila García Prado e Ana García Seoane ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. O traballo inclúe un percorrido polos principais espazos teatrais de Galicia ─entre eles, o Salón Teatro de Santiago de Compostela, a sede do CDG─ e afonda nos elementos que conflúen na posta en escena dunha peza dramática, como as personaxes, a luz ou a escenografía.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe as novas medidas acordadas polo comité clínico de expertos sanitarios, entre as que destacou as relacionadas cos horarios e aforos da hostalería, así como ás relacionadas coas reunións de non conviventes. Logo de precisar que, todas as decisións acordadas polo comité clínico estrarán en vigor a partir deste venres 19 de marzo e serán revisadas antes dos festivos de Semana Santa, Feijóo aseverou que a prudencia seguirá guiando o proceso de apertura.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.685, deles 1.076 son da área da Coruña, 205 da de Lugo, 181 da de Ourense, 230 da de Pontevedra, 457 da área de Vigo, 293 da de Santiago e 243 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 65 están en UCI, 248 en unidades de hospitalización e 2.372 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.037 persoas curadas, rexistrándose 2.303 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.769.117. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 344.870.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.682, deles 1.053 son da área da Coruña, 203 da de Lugo, 186 da de Ourense, 244 da de Pontevedra, 451 da área de Vigo, 299 da de Santiago e 246 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 74 están en UCI, 251 en unidades de hospitalización e 2.357 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 109.904 persoas curadas, rexistrándose 2.300 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.764.416. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 336.761.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a ampliación do bono turístico #QuedamosEnGalicia ao conxunto da poboación galega, co obxectivo de mobilizar en torno a 6,8 millóns de euros, inxectar actividade e impulsar a reactivación do turismo. Así, a segunda convocatoria deste bono abrirase a todos os cidadáns maiores de idade empadroados nun concello galego, e que non foran beneficiados na convocatoria de 2020. E a Xunta asumirá o 60% do custe dos servizos consumidos e os particulares o 40%.
-
Todos os concellos de Galicia sitúanse no nivel medio de restricións, agás A Mezquita, Boborás, Vilardevós, Pontecesures e Paradela que quedan no nivel máximo e Sobrado, Soutomaior, Arteixo e Chantada que están no nivel alto. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ven de informar en rolda de prensa celebrada na Coruña, das conclusións ás que chegou o subcomité clínico, logo da xuntanza mantida esta mañá. Ademais concretou que os concellos de Bóveda, Castroverde, Carballeda de Avia, Coles, Leiro e Maside van estar en especial vixilancia.
-
A Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego (CDG) amosan ao público este mes de marzo os proxectos artísticos Clásicas desfeitas, coproducidos por ambas institucións da Xunta de Galicia no marco do programa das Residencias artísticas do Gaiás (REGA) 2021 impulsado polo Goberno autonómico. Nestas estadías creativas unha trintena de artistas traballaron con nove textos clásicos para reinterpretalos e ofrecer unhas anovadoras versións. O resultado do primeiro proxecto darase a coñecer esta fin de semana. Deste xeito, o sábado 13 e o domingo 14 de marzo a compañía Nononon Lab representará ás 12,00 h. nas Torres Hejduk o Volume I de Clásicas desfeitas.