Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • Publicado un informe sobre a influencia da pandemia da Covid-19 na calidade do aire en Galicia, do que se desprende que a redución do tráfico -por mor do Estado de alarma que limitou a mobilidade das persoas- derivou nunha mellora da calidade do aire na comunidade. En termos xerais, Galicia dispón dunha boa calidade do aire tanto nas cidades, como nas vilas e nas zonas rurais, tal e como demostran os datos de concentración de contaminantes no aire ambiente rexistrados polos analizadores automáticos das estacións da rede de Calidade do aire de Galicia.
  • Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León, veñen de solicitar o aprazamento da reunión do Grupo de traballo do lobo ata que non se aclaren as circunstancias e irregularidades que se produciron na última reunión da Comisión Estatal para o patrimonio Natural e a Biodiversidade. Así llo traslada a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, ao director xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación, Jorge Luís Marquínez García, despois de recibir un correo electrónico do Comité de Flora e Fauna Silvestre e do Grupo de traballo do lobo, coa convocatoria a unha reunión técnica en base ao cumprimento dos acordos adoptados na Comisión Estatal.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.246, deles 5.161 son da área da Coruña, 1.767 da de Lugo, 2.096 da de Ourense, 2.483 da de Pontevedra, 3.146 da área de Vigo, 2.932 da de Santiago e 1.661 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 254 están en UCI, 1.063 en unidades de hospitalización e 17.929 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 83.504 persoas curadas, rexistrándose 1.967 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.509.268. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 111.246.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.440, deles 5.889 son da área da Coruña, 2.093 da de Lugo, 2.815 da de Ourense, 2.578 da de Pontevedra, 3.867 da área de Vigo, 3.366 da de Santiago e 1.832 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 247 están en UCI, 1.125 en unidades de hospitalización e 21.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 75.947 persoas curadas, rexistrándose 1.843 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.447.952. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 90.730.
  • O Centro Dramático Galego está a dinamizar a creación e a innovación no teatro co seu novo programa 'Residencias cruzadas', que se vai desenvolver ao longo de febreiro e marzo con nove propostas creativas combinadas en cinco proxectos que inclúen accións dirixidas tanto aos profesionais do sector como á cidadanía. Deste xeito, o CDG busca facilitarlles ás compañías un espazo para o encontro, a reflexión e a investigación, poñendo á súa disposición o Salón Teatro de Santiago, nun momento no que as exhibicións están suspendidas por mor das restricións da covid-19. A iniciativa ten tamén como obxectivo achegarlle o proceso de creación escénica ao público, con accións formativas e encontros abertos.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa do comezo dun novo programa de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, que ten por obxectivo incrementar a capacidade de detección de novos casos covid entre persoas asintomáticas. A iniciativa botará a andar na xornada de mañá coa posta en marcha do programa piloto, no que participaran seis farmacias da provincia de Pontevedra. Neste senso, prevese que desde a vindeira semana se incorporen progresivamente as 235 farmacias desta provincia, que figuran inscritas neste plan ata o de agora, e cuxo prazo de inscrición permanece aínda aberto.
  • O festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, promovido pola Xunta de Galicia para fomentar a creatividade e o gusto polo audiovisual entre os públicos máis novos, continuará o seu desenvolvemento a través da rede. Entre o sábado 30 de xaneiro e o luns 1 de febreiro, o público poderá ver desde as súas casas a escolma de curtametraxes do festival –organizada en catro sesións– a través da plataforma tv.festhome.com. En cumprimento das medidas sanitarias de contención da pandemia da covid-19, a Cidade da Cultura suspende así as proxeccións presenciais pero continúa a desenvolverse exclusivamente en liña.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.481, deles 5.389 son da área da Coruña, 1.798 da de Lugo, 2.866 da de Ourense, 1.940 da de Pontevedra, 3.630 da área de Vigo, 3.242 da de Santiago, e 1.616 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 170 están en UCI, 1.031 en unidades de hospitalización e 19.280 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 67.473 persoas curadas, rexistrándose 1.649 falecementos.
  • O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras a reunión do comité clínico, que toda Galicia estará desde o mércores 27 de xaneiro, e durante un mínimo de tres semanas, no nivel de restrición máxima. “Todas as áreas sanitarias están a soportar unha presión importante e é necesario reducila; e iso implica a todos os galegos e a todos os concellos”, aseverou, facendo fincapé na necesidade de limitar ao mínimo as interaccións, as relacións sociais e a mobilidade.
  • O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou hoxe de que as vías interurbanas de Galicia rexistraron en 2020 o menor número de falecidos por accidentes de tráfico desde que existen rexistros oficiais. Apuntou que 70 persoas perderon a vida nas estradas galegas, segundo o balance provisional de siniestralidade viaria da Dirección General de Tráfico: “son 18 menos que no ano 2019, un 8% menos que no ano anterior (88 falecidos) e un 25% inferior á media dos últimos cinco anos”. Engadiu que dez anos antes a cifra de falecidos chegou a 179 vítimas, e no 2000 perderon a vida 473 persoas nas estradas galegas.