Noticias
-
O 2021 será o ano de maior actividade expositiva na Cidade da Cultura, cunha vintena de mostras e intervencións artísticas. Procúrase así consolidar o Gaiás como factoría cultural, provedora de contidos para outros espazos de Galicia, cun programa de itinerancias que levará proxectos como Galicia, de Nós a nós, As miradas de Isaac ou Galicia Futura a diferentes lugares da Comunidade. O complexo continuará, ademais, a liña de dixitalización iniciada en 2020 para seguir conectada co seu público a través das novas tecnoloxías, con tours virtuais, foros en streaming ou o programa didáctico de visitas a través de videoconferencias cos guías do Museo.
-
A Xunta consensuará cos representantes da hostalería galega os pasos que se van dar para a progresiva reapertura do sector no marco dunha desescalada gradual e segura, tal e como se acordou hoxe nun encontro entre os representantes da Administración autonómica e dos hosteleiros para coñecer as prioridades do sector nun proceso baseado na baixada de contaxios e que é froito dun esforzo colectivo. De feito, pese a que nos últimos días se incrementaron os controis sobre as restricións, as denuncias baixaron, proba do bo comportamento dos clientes e do interese dos profesionais por cumprir as normas do plan de hostalería segura.
-
O inverno climatolóxico galego, comprendido entre os meses de decembro de 2020 e febreiro deste ano, caracterizouse por rexistrar temperaturas dentro dos valores agardados e precipitacións un 76% superiores ao habitual se se comparan co período de referencia 1981-2010. Neste sentido, os datos de precipitación rexistrados nas estacións máis representativas da comunidade fan que a estación se considere moi húmida, tendo que remontarse ao ano 2001 para atopar un precedente máis chuvioso. Segundo o avance do informe climatolóxico do inverno elaborado por MeteoGalicia, os tres meses do período analizado caracterizáronse por rexistrar precipitacións bastante elevadas.
-
O conselleiro de Sanidade informou en rolda de prensa das novidades acordadas polo subcomité clínico, e entre as que destacan o levantamento do peche perimetral das áreas sanitarias de Coruña e Pontevedra, e o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Boborás, Poboa de Brollón e A Mezquita, que se engadirán ao municipio pontevedrés de Soutomaior. Desde as 00:00 horas do luns, no que entrarán en vigor as novas medidas, os municipios das áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra recuperarán a mobilidade cos restantes concellos galegos, sempre e cando se atopen no seu mesmo nivel de restricións.
-
O consellerio de Sanidade, Julio García Comesaña, valorou positivamente esta mañá en rolda de prensa os datos epidemiolóxicos da comunidade, tras comezar o pasado venres o denominado proceso de desescalada. Con todo, o máximo responsable da Sanidade galega apelou á prudencia e a continuar co cumprimento estrito das medidas hixiénico-sanitarias vixentes. Trala xuntanza, na xornada de onte, do grupo de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo virus Sars-Cov-2, o titular da Sanidade galega apuntou que o vindeiro venres erguerase o peche da área sanitaria de Ferrol co que recuperará a mobilidade co resto de Galicia.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.953, deles 1.612 son da área da Coruña, 456 da de Lugo, 280 da de Ourense, 722 da de Pontevedra, 842 da área de Vigo, 554 da de Santiago e 487 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 105 están en UCI, 383 en unidades de hospitalización e 4.465 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 105.552 persoas curadas, rexistrándose 2.252 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.676.059. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 223.879.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.207, deles 1.711 son da área da Coruña, 500 da de Lugo, 291 da de Ourense, 753 da de Pontevedra, 871 da área de Vigo, 569 da de Santiago e 512 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 105 están en UCI, 431 en unidades de hospitalización e 4.671 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 105.194 persoas curadas, rexistrándose 2.238 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.671.969. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 215.798.
-
Nas próximas semanas porase en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o comercio de proximidade, que contará cun investimento de 20 M€. O presidente da Xunta explicou hoxe que este programa, que se está a ultimar co sector, contemplará medidas en dous grandes ámbitos. Por unha banda, iniciativas que impulsen a súa transformación dixital, cunha aposta clara polo comercio en liña. E, por outra, axudas para dar resposta ás necesidades máis inmediatas e contribuír a impulsar o consumo nas tendas. Sobre isto, Feijóo adiantou que se poñerá en marcha un programa de bonos desconto para mercar no comercio local.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.292, deles 2.351 son da área da Coruña, 748 da de Lugo, 509 da de Ourense, 983 da de Pontevedra, 1.127 da área de Vigo, 807 da de Santiago e 767 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 133 están en UCI, 501 en unidades de hospitalización e 6.658 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 101.975 persoas curadas, rexistrándose 2.196 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.641.875. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 179.156.
-
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou hoxe que a taxa de criminalidade da comunidade finalizou o ano 2020 consolidando o descenso de meses anteriores e acadando a mellor cifra dos últimos dez anos con 27,3 infraccións penais por cada 1.000 habitantes, 2,3 puntos menos que no ano anterior. Estas cifras recóllense no balance de criminalidade do cuarto trimestre do ano. Javier Losada resaltou que Galicia continúa como cuarta Comunidade máis segura do Estado, cunha taxa que está dez puntos por baixo da media española.