Noticias
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.479 deles 2.260 son da área da Coruña, 890 da de Lugo, 1.232 da de Ourense, 832 da de Pontevedra, 1.720 da área de Vigo, 1.886 da de Santiago, e 659 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 73 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 8.968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 60.363 persoas curadas, rexistrándose 1.474 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.201.074. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 33.346.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe aos galegos máxima prevención e anunciou que toda Galicia estará, desde o venres e, “probablemente, ata mediados de febreiro”, nos dous niveis máis altos de protección do protocolo contra a pandemia. Durante a súa comparecencia para dar conta das medidas acordadas no comité clínico, Feijóo explicou que, con carácter xeral, aplicarase o nivel medio-alto en toda a Comunidade, se ben, nas zonas de maior incidencia aplicarase o nivel de máxima restrición. “E mantemos o peche da Comunidade que se decretou xa hai varias semanas”, recordou.
-
A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), circuíto de distribución de espectáculos, ofrece para este primeiro semestre de 2021 unha intensa actividade escénica e musical con 334 actuacións de 114 compañías programadas en 45 escenarios de 40 concellos galegos e unha inversión total en contratacións que supera o millón de euros. Así o declarou Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, na presentación realizada para dar conta da carteleira concreta de Ames, un dos municipios adheridos a esta rede cultural, á que achega de xaneiro a xuño 13 funcións e concertos a cargo de 12 agrupacións artísticas galegas.
-
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea este xoves 14 de xaneiro a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, que marca ademais o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución cara a reforzar o seu papel como motor escénico galego a partir da crise sanitaria.
-
"Moitos de vostedes lembrarán este escenario. Ao longo deste ano, en numerosas ocasións, utilicei este mesmo atril para comunicarlles datos sobre a evolución da pandemia, acordos relacionados coa situación sanitaria e medidas para combater a covid-19. A miña primeira mensaxe ten que ser para recordar a aqueles galegos que nos dixeron adeus para sempre por culpa da pandemia."
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a Xunta chegará, na semana actual, a pagar o 70% das solicitudes de axudas do Plan de rescate dedicado á hostalería, ás microempresas e aos autónomos. “E ao longo do mes de xaneiro está previsto que se abone o resto de peticións que cumpren os requisitos”, precisou sobre os 86,2 millóns de euros dedicados a este Plan. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo salientou que, neste período de tempo, recibíronse 40.147 solicitudes, tramitáronse o 100% e pagáronse xa o 68,3% do total, é dicir, 27.423 axudas, por un importe de 53,3 millóns de euros.
-
A Xunta de Galicia iniciará o vindeiro domingo, 27 de decembro, a campaña de vacinación da covid-19 nunha residencia sociosanitaria da área de Santiago de Compostela. Trala confirmación esta tarde ás autoridades sanitarias galegas, por parte do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, do envío inicial de 500 doses, a Xunta vese obrigada a variar o plan inicial previsto, no que se contemplaba a vacinación simultánea en residencias das sete áreas sanitarias da comunidade.
-
A Cidade da Cultura convida as familias durante o Nadal a gozar dunha ampla oferta cultural que inclúe tres concertos para toda a familia que poderán verse de balde ao vivo e tamén a través de streaming. A programación complétase coas seis exposicións e intervencións artísticas que agora mesmo poden visitarse no Museo Centro Gaiás, a Biblioteca de Galicia e as Torres Hejduk –contando con visitas comentadas gratuítas– e coa iluminación festiva de todo o complexo, coa Vía Láctea como eixo condutor.
-
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa dos diferentes axustes acordados polo Comité clínico de expertos sobre o Plan de Nadal galego, elaborado de cara ás xuntanzas navideñas dos próximos días. Na compaña do secretario xeral técnico de Sanidade, Alberto Fuentes, o xerente do Sergas, José Flores; e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; García Comesaña precisou que entre as 00:00 horas do día 23 de decembro e as 23:00 horas do día 25, permitirase a mobilidade de persoas con motivos das visitas familiares, incluso naqueles concellos que se atopan perimetrados.
-
O concello pontevedrés de Pontecesures acolle a campaña Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual, na que será a última parada nos concellos desta mostra itinerante da Consellería de Emprego e Igualdade que ten por obxectivo achegar á poboación recursos para avanzar na igualdade e loitar contra a violencia de xénero. A exposición, que foi visitada pola delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e o alcalde cesureño, Juan Manuel Vidal, vén de percorrer desde o pasado outubro 46 concellos galegos integrados na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.