Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Cidade da Cultura súmase en 2021 á nómina de espazos culturais que acollen estas residencias artísticas e da que tamén forma parte o Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego. O programa conta, así mesmo, coa colaboración das entidades xestoras dos restantes escenarios participantes: Teatro Rosalía Castro da Coruña, Pazo da Cultura de Narón, Pazo da Cultura de Carballo, Vello Cárcere de Lugo, Normal da Universidade da Coruña e Igrexa da Madalena de Ribadavia, ademais do Centro Torrente Ballester de Ferrol, que é a outra nova incorporación nesta quinta edición.
  • Á vista dos datos epidemiolóxicos e unha vez analizados no comité clínico, o presidente do Goberno galego anunciou novos pasos en ámbitos como a hostalería, a mobilidade intermunicipal e as reunións de non conviventes, de cara á unha desescalada gradual, paulatina e baseada na evolución epidemiolóxica de cada territorio. Deste xeito, as medidas non serán homoxéneas en toda a Comunidade, 'senón que haberá varios niveis que se irán aplicando segundo a situación pandémica e hospitalaria de cada ámbito xeográfico', precisando que se dará moita máis importancia á incidencia acumulada a 7 días que a 14 días.
  • O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) retoma a actividade pública na súa sala de proxección tras o peche sanitario das últimas semanas. Farao con cinco das sesións adiadas, como o inicio da completa retrospectiva que lle dedicará ao icónico director hongkonés Wong Kar-wai e os coloquios virtuais cos realizadores Luis López Carrasco e Álvaro Orús con motivo da proxección das súas obras El año del descubrimiento e El principio del fin de las armas nucleares, respectivamente. O sábado volve a sección CGAI Júnior, na que poderá verse 'El niño y la bestia'.
  • A Rede Galega de Teatros e Auditorios retoma a partir de hoxe a súa actividade escénica e musical que, pese aos adiamentos por mor do peche sanitario das últimas semanas, mantén a súa previsión de ofrecer máis de 300 funcións durante este primeiro semestre do ano. Esta cifra será posible grazas á reprogramación durante os próximos meses de máis do 90% das 50 citas que tiveron que ser suspendidas por este motivo no seo do circuíto que promove a Xunta de Galicia en colaboración con 40 entidades locais de toda Galicia. O 10% pendente trasladarase á programación do segundo semestre.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.908, deles 3.468 son da área da Coruña, 1.020 da de Lugo, 935 da de Ourense, 1.447 da de Pontevedra, 1.621 da área de Vigo, 1.351 da de Santiago e 1.066 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 180 están en UCI, 683 en unidades de hospitalización e 10.045 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 96.641 persoas curadas, rexistrándose 2.147 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.600.810. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 142.923.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea retoma a súa actividade presencial cunha ampla programación que inclúe tres novas exposicións e diversas actividades entre as que se inclúen debates, seminarios e encontros con artistas. Esta nova programación coa que o CGAC volve abrir as súas portas foi presentada polo secretario xeral de Cultura, que celebrou que a cultura poida gozarse de xeito presencial. A primeira das citas é o proxecto Cultivar incertezas. Reformular o espazo/conmocionar a mirada, inaugurado hoxe e comisariado por Ángel Cerviño co fin de renderlle homenaxe aos 30 anos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
  • O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello a proposta da Xunta de bonificacións das peaxes da AP-9, para que os 50 M€ consignados nos Orzamentos xerais do Estado para descontos nas peaxes desta autoestrada se traduzan nunhas bonificacións útiles e xustas, evitando o incremento de beneficios á concesionaria. Así, durante a súa intervención, avanzou dúas das propostas da Xunta que se pretende contribúan a aliviar o peto dun amplo número de galegos, xa que AP-9 vertebra Galicia e é unha das autoestradas coas tarifas máis altas do país.
  • Case o 60% da superficie incorporada no 2020 á certificación forestal polo sistema PEFC (Programa para o Recoñecemento de Certificación Forestal, en inglés Programme for the Endorsement of Forest Certification) proveu de Galicia. Así, das 124.010 novas hectáreas sumadas a este sistema no conxunto de España, un total de 73.679 corresponden á nosa comunidade. Con esta superficie incorporada, xa son 2,4 millóns as hectáreas certificadas no conxunto do Estado. Ademais, dos novos silvicultores certificados en España no pasado ano, o 87% son galegos (5.530 dos 6.363 incorporados en 2020).
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.052, deles 3.964 son da área da Coruña, 1.171 da de Lugo, 1.217 da de Ourense, 1.725 da de Pontevedra, 2.029 da área de Vigo, 1.689 da de Santiago e 1.257 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 224 están en UCI, 792 en unidades de hospitalización e 12.036 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 93.481 persoas curadas, rexistrándose 2.096 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.579.437. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 134.770.
  • Alberto Núñez Feijóo avanzou que Galicia se manterá en máxima restrición, para consolidar a melloría alcanzada nas últimas semanas e preparar unha apertura gradual e coa máxima seguridade. 'O acordo deste comité clínico é manter Galicia en restrición máxima co obxectivo de afianzar e ampliar a melloría das últimas semanas', abundou, destacando a posta en marcha de 6 aperturas graduais. Así, referiuse, en primeiro lugar, ao eido da formación, precisando que as clases presenciais en ensinanzas especiais retomaranse o próximo luns 22 de febreiro, 'agás para a práctica de instrumentos de vento e de canto que os expertos piden aprazar de momento'.