Notas
-
Diante do referéndum a celebrar o 20 de febreiro de 2005, no que os traballadores e traballadoras e o conxunto dos cidadáns e cidadás de Galicia e de toda España expresaremo-lo noso posicionamento sobre a Constitución Europea, o Comité Nacional de USTG tomou a seguinte resolución:
-
A AETG maila Consellería de Innovación desenvolverán as accións necesarias de cara a eliminar obstáculos ó acceso a Sociedade da Información.
-
A produción de lixo en Galiza aumentou nun 23% entre 1998 e o 2003.
-
Con motivo da Xornada da Infancia Misioneria que se celebrará o domingo 23 de xaneiro, dous misioneiros están a percorrer a Diocese en labores de información e sensibilización misioneira.
-
El Arzobispo de Santiago, Julián Barrio, invita a sus diocesanos a considerar la dimensión ecuménica de la vida cristiana, <i>pues la unidad hay que vivirla y fortalecerla desde el interior de nuestras comunidades cristianas para alcanzar la unidad plena en la única Iglesia de Cristo</i>.
-
A colecta das parroquias da Diocese do domingo 16 de xaneiro de 2005 destinarase á asistencia de emerxencia en Asia.
-
Por fin se aprobóu a candidatura de Vigo por parte da Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror (AEFCFT) e de Simetría (Associação Portuguesa de Ficção Científica e Fantástico) para que o Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción organice a IberCon.
-
No inicio do ano, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) quere destacar tres demandas e tres desexos para o 2005.
-
As Facultades de Xeografía das Universidades de Bergen (Noruega) e Santiago organizan un congreso conxunto baixo o lema Globalización, Arraigo Xeográfico e Comunidades Costeiras en tempos de cambio, a celebrar do 14 ao 16 de abril en Muros, comunidade cunha marcada relación histórica co mar que destaca ademais por ter sido un importante lugar e modelo de investigación para ambas universidades.
-
Un grupo de profesores e investigadores das tres Universidades galegas vinculados a áreas relacionadas co medio ambiente e co desenvolvemento sustentábel, xunto con representantes de organizacións ecoloxistas e de organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, asinaron, a iniciativa da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), un manifesto pola redución das emisións de dióxido de carbono (CO2) en Galiza.