Notas
-
O pasado ano rexistráronse na Comunidade 195 convenios colectivos, que afectaron a preto de 22.400 empresas. En total, os convenios con vixencia expresa para 2004 –rexistrados nese exercicio ou en exercicios anteriores- ascenden a 391.
-
Foi apresentada, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, a Iniciativa Lexislativa Popular para a Protección, Conservación e Mellora dos Ríos Galegos. As organizacións promotoras, e as que apoian a iniciativa, deben recoller un mínimo de 15000 asinaturas válidas, que prevén entregar a primeira semana de Maio.
-
Así o sinalou durante a recepción ofrecida en San Caetano aos participantes no Programa Reencontros, na súa primeira fase.
-
Xosé Manuel Barreiro e Corina Porro presentaron as conclusións do estudo realizado por Augas de Galicia. As instalacións estarán totalmente integradas no contorno e duplicarán a capacidade de tratamento da actual do Lagares. Barreiro insistiu na súa demanda de que o Estado declare esta obra de interese xeral, como xa fixo coas depuradoras da Coruña e Lugo. A Xunta investiu nos últimos dez anos no concello de Vigo máis de 74 millóns de euros en actuacións de saneamento.
-
López Veiga reuniuse cunha delegación de Pesca marroquí á que lle explicou o funcionamento da pesca e a acuicultura galegas.
-
Así o asegurou o presidente da Xunta, durante a inauguración do Auditorio-Pazo de Congresos de Ourense, no que o Goberno galego investiu case 14 millóns de euros. O obxectivo é incrementar o nivel de calidade do medio ambiente urbano, a potenciación de núcleos de primeira orde e a mellora das infraestruturas culturais. Manuel Fraga salienta a necesidade de asumir unha “nova cultura do territorio”, pensando en Galicia “como un todo”, algo no que a Xunta xa está a traballar ao redactar un avance de Directrices de Ordenación do Territorio.
-
O presidente da Xunta inaugurou, no Centro Cultural da Deputación Provincial de Ourense a mostra As Linguaxes de Picasso, que permanecerá exposta ata o 10 de abril. Lembra que a obra do artista representa unha forma de ver o mundo, un xeito de entender o presente e o futuro partindo do pasado, da fértil tradición histórica, técnica e cultural de Europa.
-
300 especialistas galegos participan como ponentes ou membros dos Comités Científicos das Xornadas, e os centros sanitarios terán stands na exposición xeral. As xerencias de atención primaria e as diferentes Fundacións galegas terán o seu espazo. Os servizos sanitarios doutras Comunidades Autónomas tamén estarán presentes no SIS.
-
O resultado do acordo alcanzado e da disposición da empresa para negociar agora cos veciños, só foi posible despois da movilización de toda a parroquia mostrando o seu rechazo á expropiación do monte veciñal para un negocio
-
Nun encontro que tivo lugar en San Caetano expuxéronlle ao máximo mandatario galego a iniciativa para o parque eólico do Xiabre. Trataríase do primeiro parque eólico con aeroxeradores tratados artísticamente.