Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • Inaugurada hoxe no concello lucense de Portomarín a exposición itinerante que conmemora o 25 aniversario da inclusión do Camiño Francés na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial da Unesco. A mostra fotográfica realiza unha retrospectiva sobre este fito que, no contexto do Xacobeo 93, marcou un antes e un despois na peregrinación a Compostela. Ao longo deste cuarto de século o Camiño Francés avanzou de maneira notable en todos os aspectos relativos á súa xestión e posta en valor.
  • A Cidade da Cultura de Galicia xa ten datas —do 7 ao o 16 de febreiro de 2019— para o festival máis vangardista das artes escénicas en Galicia, Escenas do cambio, no que se poderán ver dezasete obras escénicas, procedente de sete países (España, Portugal, Francia, Alemaña, Suíza, Polonia e Porto Rico) nunha programación que terá o privilexio de reunir nunha mesma edición a dous grandes referentes da vangarda, como son Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel Medina. Estes dous tótems da cultura contemporánea teñen cadanseu Premio Nacional e o Premio Velázquez de Artes Plásticas, os recoñecementos de máis prestixio neste eido en España.
  • Presentouse en Ourense a Unidade Mixta Centro de innovación galego de sistemas avanzados de tratamento de augas (CIGAT)-Biofactoría, unha alianza estratéxica entre a empresa Viaqua e o Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua) que comeza a súa fase de consolidación, na que se investirán 1,86 millóns de euros. O proxecto inclúe a proba na estación depuradora da cidade das Burgas dun prototipo demostrativo das tecnoloxías desenvoltas, que permitirá avanzar na obtención de enerxías a partir dos residuos da auga.
  • O equipo da compañía Inversa Teatro inicia unha estadía de seis días no Salón Teatro de Santiago para ofrecer ata o domingo oito funcións do seu espectáculo Sofía e as postsocráticas, no que aborda a violencia machista e as causas estruturais do maltrato. Marta Pérez é a autora desta proposta, construída a partir de materiais de creación colectiva, ademais de dirixila e protagonizala xunto a María Roja e Silvia Pena. Nesta montaxe de Inversa Teatro, os filósofos Sócrates, Platón e Aristóteles suben a escena, interpretados por mulleres.
  • A Coruña Respira ofrece unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos no presente e no futuro. Este plan de promoción e produción para músicos e músicas contará con actividades abertas ao público. Están confirmadas unha serie de clases maxistrais, charlas formativas, “speed meetings” entre músicos e programadores, doce concertos e a inauguración da exposición Soundtrack sobre fotografía musical.
  • O proxecto Geoatlantic continua coas súas accións de divulgación da importancia do uso das enerxías renovables e do consumo responsable na cidade de Ourense. Nesta ocasión, a Concellería de Promoción económica presentou os traballos de tres centros educativos de Ourense (CEIP Seixalbo, CEIP A Ponche, e Concepción Arenal) no desenvolvemento de guías para ensinar e sensibilizar sobre o consumo enerxético e a necesidade de apostar pola enerxía renovable, en especial pola enerxía xeotérmica.
  • O pleno da Deputación da Coruña aprobou, cos votos favorables do PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular, o orzamento da institución provincial para o exercicio 2019, que ascende a 183.609.300 de euros. Isto supón un incremento de 4,65 millóns de euros, un 2,60% máis que no presente exercicio. Un ano máis, todos os investimentos e plans da Deputación financiaranse con recursos propios, sen apelación ao crédito, polo que se manterá a situación de “débeda cero”.
  • O Actor Tamár Novas, o Director Jorge Coira ou o dramaturgo Sergi Belbel, entre outros, falarán de creación, actuación e creación de ficción en Galicia. Forma parte do amplio programa organizado para conmemorar o 30 aniversario de Achádego Teatro. Todas as conferencias terán lugar no Auditorio do Vello Cárcere de Lugo ás 20:00 e ás 18:00. Achádego Teatro quere celebrar esta especial festa do teatro invitando a reflexión sobre a situación actual da actuación, producción, e escritura en ficción. Para iso organiza estas 'Xornadas teatrais' nas que participan un total de 10 ponentes relacionados co mundo da actuación.
  • O proxecto Stay here, do sevillano Alejandro Ginés, resultou gañador da VI Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os e as participantes do Encontro de Artistas Novos (EAN) 2018. Trátase dunha peza escultórica, a modo de torre coroada por unha cadeira pregada, que converte as edificacións ideadas por John Hejduk –e construídas por Peter Eisenman no Gaiás a modo de homenaxe– nunha especie de enxeñosa matrioska, que convida á participación de quen a ve, tanto no seu posible manexo como nas súas múltiples lecturas.
  • O Plan galego, posto en marcha hai dous anos, posibilitou que se beneficiaran da súa implantación máis de 5.000 pacientes. O número de interconsultas realizadas polos médicos responsables dos pacientes á Central de Atención ao Ictus foi de 1.426, o que supón unha media de 59 interconsultas por mes. Os hospitais que máis recorren á central son os comarcais, o que é unha mostra da eficacia desta central, xa que as persoas que máis se benefician son os pacientes que viven nás áreas máis afastadas, garantindo o acceso desta poboación ao mellor recurso asistencial posible.