Noticias
-
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, compareceu no Parlamento de Galicia, a petición propia, para abordar o anuncio de Alcoa de pechar as plantas tanto da Coruña como de Avilés e solicitar ao Goberno central que tome a iniciativa para buscar solucións a través do diálogo. Neste sentido, asegurou que a Xunta seguirá apoiando ao Estado na defensa dos postos de traballo. Conde pediu tamén a unanimidade da Cámara para que apoie á Xunta na alianza co Goberno asturiano e cos traballadores co obxectivo de manter os empregos que están en xogo e a actividade industrial.
-
Manteranse as rebaixas fiscais en vigor e aprobaranse catro novas baixadas: no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais no caso de vivenda usada habitual, no de Sucesións para as herdanzas entre irmáns, no de Patrimonio e en innovación
-
A Xunta afronta o desafío enerxético coa aprobación das Directrices enerxéticas para o trienio 2018-2020, nas que é prioridade o desenvolvemento de enerxías renovables, cun investimento de 1.300.000 € e coa instalación de 1.200MW, dos que 1.000 serán para a produción de electricidade en base ao vento, a auga e o sol, e 200 de enerxía térmica a partir de biomasa, solar térmica, xeotermia e aerotermia
-
O conselleiro de Sanidade e o presidente da Fegamp asinaron o convenio de colaboración no que participa tamén Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. No marco deste acordo, atendéronse o pasado ano 7.634 persoas nas 13 unidades asistenciais de drogodependencias xestionadas polos concellos
-
O Conselleiro de Facenda presentou no Parlamento o teito de gasto para 2019, asegurando que é “realista e prudente”, e o máis san e o que menos recorre á débeda de toda a década. A revisión á alza da previsión de crecemento para 2018 queda no 2,8% e no 2,5% en 2019, polo que Galicia seguirá experimentando un forte crecemento
-
Desenvolverase nun espazo de 102.635 hectáreas, no que ata finais de ano se definirán os recursos turístico-científicos e logo se concretarán as actividades a ofrecer a cidadáns en xeral e profesionais de distintos sectores. O proxecto, incluído no Plan Estratéxico de Turismo, presentouno o Deputado de Turismo, xunto ao Vicepresidente, aos 17 Concellos implicados, expertos da USC, representantes de colectivos veciñais e empresas da zona.
-
O custe estimado da extinción do incendio rexistrado o pasado domingo en Mondariz (parroquias de Sabaxáns e Gargamala), e que puxo en perigo os núcleos de Barro e Barral, superou os 100.000 euros. Para extinguir este lume foi preciso mobilizar un total de 363 persoas, entre efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais e persoal de emerxencias (axentes da Policía Autonómica, bombeiros comarcais, voluntarios de Protección Civil, etc.). No primeiro día de actuación os helicópteros mobilizados realizaron ata 88 descargas en tan só hora e media, o que supuxo un volume de máis de 111.000 litros de auga.
-
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incidiu hoxe no seu discurso de apertura do Debate sobre o Estado da Autonomía na necesidade de preparar a Galicia do Xacobeo de 2021, con orgullo, cun crecemento ordenado e igualitario e con menos cargas fiscais. Para garantilo, confirmou que “o próximo ano en Galicia haberá presupostos, haberá menos débeda e baixaranse os impostos”. E, para iso, aseverou, o Goberno que preside empregará todos os recursos que permite o autogoberno, co obxectivo de que a Comunidade estea protexida ao máximo posible.
-
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou, despois de reunirse co ministro de Fomento, José Luis Ábalos, que as obras do tren de alta velocidade a Galicia estarán rematadas no último trimestre de 2019: un compromiso inequívoco adquirido tanto co anterior Goberno como co actual. “A partir do 2019, cando se entreguen formalmente as obras finalizadas na súa totalidade, é necesario que a Axencia de Avaliación de Infraestruturas faga as auditorías que considere oportunas”, explicou Feijóo, quen agarda que as auditorías conclúan á menor brevidade posible.
-
O cura de Momán, Luís Ángel Rodríguez Patiño, enviou este martes un escrito ao Obispado de Mondoñedo e ao Arcebispado de Santiago esixindo que non se permita que os restos de Francisco Franco sexan enterrados nunha igrexa. Rodríguez Patiño, coñecido polas súas posturas contrarias á xerarquía eclesiástica en temas como o aborto ou a homosexualidade, responde así ao arcebispo de Madrid, Carlos Osoro, que hai uns días dixo que fará "todo o que lle pida" a familia de Franco, que pretende que os restos do ditador descansen na cripta da catedral da Almudena.