Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Xunta de Galicia xa executou o 100% dos fondos europeos recibidos para promover proxectos estratéxicos para o turismo vencellados ao Camiño de Santiago no marco do Plan nacional de sustentabilidade turística en destinos Xacobeo 2021. Un programa dotado de preto de 8,3 millóns de euros e que se inclúe no Plan Xacobeo NextGeneration deseñado polo Executivo autonómico. En concreto, o Plan nacional incluía o deseño por parte da Comunidade autónoma de proxectos tractores para o turismo, para o que a Xunta elaborou unha liña de axudas que impulsasen a posta en valor de elementos patrimoniais senlleiros vinculados ao Camiño de Santiago para dotalos de usos turísticos.
  • A Banda de Música de Arzúa será a encargada de inaugurar o encontro co seu espectáculo de fusión Rock á galega, proxecto mellor valorado no CreaSons 2024. A listaxe completa está composta pola Agrupación Musical do Rosal, Banda Escola de Música de Beade, Banda de Música Popular Airiños do Morrazo de Moaña, Unión Musical de Coruxo, Banda de Música Unión Musical de Tenorio, Banda de Música Artística de Arcade, Banda Infantil de Lalín, Banda de Música Xuvenil de Xinzo, Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, Banda Xuvenil da Unión Musical de Meaño e Banda-Escola da Banda Municipal da Estrada.
  • O Goberno galego concedeu no período 2021-2024 un total de 2.374 axudas, por importe de case 9,6 millóns de euros, dirixidas a concellos e particulares co obxectivo de corrixir impactos paisaxísticos na comunidade. Estas achegas (para mellorar o estado de inmobles particulares e de edificios, equipamentos e outras instalacións municipais), mobilizaron un investimento total de 14 millóns de euros. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destaca que a demanda deste tipo de axudas é crecente, o que permitiu que desde o ano 2021 chegaran a 283 dos 313 municipios galegos, o que supón máis do 90% do total.
  • Foi presentado o Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona, que percorre por terceira vez toda Galicia con actuacións nas sete grandes cidades galegas. O Festival Mundial do Ilusionismo “Galicia Ilusiona” inclúe as sete grandes urbes galegas para converter a Galicia na capital mundial do ilusionismo. Así, o espectáculo xa pasou nos primeiros días de outuburo por A Coruña, Ourense e Pontevedra. A vindeira fin de semana estará en Santiago de Compostela (días 11 e 12) e Ferrol (13 de outubro). Antes de pechar en Vigo estará tamén en Lugo (18 de outubro). Galicia Ilusiona contará con artistas de sona internacional coma o mago Murphy, Lore Lavand, Jerome Murat ou Ki Moon do.
  • A Xunta está a traballar xa nun novo Plan de saúde mental que incluirá a formación dunha rede de asistencia psicolóxica en atención primaria, que dependerá dos servizos de psiquiatría das áreas sanitarias, e que estará coordinada por profesionais de psicoloxía clínica. Xa no Plan de saúde mental poscovid incrementouse o número de profesionais, ademais de crearse hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenil e unha segunda unidade de hospitalización en Vigo. Nesta aposta da Xunta tamén se enmarca a creación, nesta lexislatura, dunha Subdirección Xeral responsable da Atención á Saúde Mental.
  • O CGAC reunirá a preto dunha decena de profesionais do audiovisual de España e Portugal co gallo da inauguración de Novos Imaxinarios, a nova mostra do museo compostelán comisariada polos artistas Nicolás Combarro e Miguel Ángel Delgado, na que se afonda na creación cinematográfica máis recente. Como parte da programación da exposición, o CGAC acollerá desde o sábado un acto de conversas no que, moderados por Pela del Álamo, Alberte Pagán e os propios comisarios da mostra, participan os artistas Isaki Lacuesta, que representará a España na carreira polos Oscar co seu filme Segundo Premio, ou Oliver Laxe, multipremiado director pola largometraxe 'O que arde' no Festival de Cannes, no Festival Internacional Mar del Plata e nos premios Goya e Feroz.
  • RDG Comercializadora Galega de Enerxía venderá o 100% da enerxía a consumidores galegos, tanto particulares como empresas e industrias, sempre a un prezo máis barato que o prezo de mercado, que se poderán beneficiar dun desconto medio do 50% sobre o prezo do mercado no caso da veciñanza que vive próxima a infraestruturas de xeración renovable. No caso dos particulares, os primeiros beneficiarios destas condicións estarán nun radio próximo a onde estea instalado, por exemplo, un parque eólico, ou mesmo en concellos limítrofes. No que respecta ás empresas e industrias, o obxectivo é democratizar o acceso a un prezo eléctrico máis competitivo, para o cal a comercializadora ofrecerá contratos de compravenda de enerxía a longo prazo (PPA) a todo tipo de empresas.
  • O ciclo Mestre Mateo de cinema galego inclúe por primeira vez na súa programación as curtametraxes finalistas na pasada edición dos Premios Mestre Mateo grazas á colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais, o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales e a Academia Galega do Audiovisual. Será un total de nove filmes que se van proxectar en 24 concellos de Galicia localizados fóra da contorna das grandes cidades e que non contan cunha oferta de salas comerciais. A primeira destas proxeccións terá lugar mañá, 3 de outubro, no cine Alfonsetti de Betanzos.
  • A Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona vaise desenvolver o 5 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense, e nela participarán algúns dos mellores ilusionistas do mundo: Jerome Murat (Francia), Kimoon Do (Corea do sur), Lore Lavand (Arxentina), Nestor Hato (Francia), Mago Murphy (Madrid), Manolo Costa e Mindanguillo (Elche), Sebastian Dethise (Bélxica), Dania Díaz (Venezuela), Jimmy Delp (EEUU) e Dani Polo (Galicia). Un dos obxectivos deste festival é ser un referente a nivel nacional.
  • O programa de espectáculos desenvolverase no mesmo recinto da alameda e abrirase coa proposta Intempestiva, unha peza de Elahood inspirada na obra e na figura da escritora Xela Arias como retrato en movemento da axitación creativa das novas xeracións para cuestionar que significa facer “algo de proveito”. A creación recibiu o Primeiro Premio e Premio da Crítica no Certamen Coreográfico de Madrid (2021), e o premio a Mellor Espectáculo na Plataforma Diálogos Contemporáneos do Festival DZM de Cáceres.