Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • O proxecto multidisciplinar 'Sonoro empeño' arranca o seu último mes de apertura en Santiago de Compostela e por el pasaron case 5500 visitantes. Como propostas vinculadas á mostra, ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias. O chef Pepe Solla ofrecerá unha demostración gastronómica na que cociñará e explicará os procedementos da súa cociña. Os asistentes degustarán os pratos elaborados e terán ocasión de conversar con el. Por outra parte, desenvolverase unha visita guiada de clausura de asistencia libre. Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición.
  • Galicia acolle este verán máis de cen actividades dentro da programación de O teu Xacobeo, a convocatoria que propiciará a posta en marcha de 352 iniciativas de dinamización en toda Galicia como antesala do próximo Ano Santo. O programa busca favorecer a participación e a descentralización do vindeiro Xacobeo 21. Trátase da primeira vez que o Goberno galego pon en marcha un proxecto co Xacobeo como referente feito coa implicación de toda sociedade galega. Así, dos máis de 350 proxectos aprobados propostos por concellos, empresas privadas e entidades sen ánimo de lucro, máis dun centenar espallaranse ata o remate de verán pola xeografía galega.
  • A Cidade da Cultura celebra o vindeiro sábado 24 de agosto unha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, convidando as familias a gozar dunha tarde lúdica ao aire libre, con entrada de balde, que transforma o complexo do Gaiás nun sorprendente mundo de fantasía. Visitar o incrible circo de bechos xigantes do dr. Mezzo, converterse nunha marioneta de carne e óso controlada por dedos mecánicos, abraiarse con extraordinarios saltos, voos e viravoltas que quitan o alento ou compartir danza e risos con tres simpáticos hipopótamos azuis. Estas son só algunhas das propostas da que é xa unha das citas clásicas da programación da Cidade da Cultura.
  • Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Cidade da Cultura, encara a súa penúltima semana con ritmos contundentes de tres bandas enteiramente femininas, con estilos moi distintos, que veñen pisando forte. O xoves subirán ao Escenario Alhambra as galegas Agoraphobia, coa súa efectiva mestura de garage, indie e punk rock. O venres será o turno das composicións rebeldes e tropicais das Kumbia Queers, mentres que o sábado volvemos cambiar de rexistro coas catalás Las Migas e o seu flamenco fresco e desenfadado. No caso de que, por motivos meteorolóxicos, as actuacións non poidan celebrarse ao aire libre na Praza Central, os concertos trasladaranse a un espazo interior no complexo da Cidade da Cultura.
  • A cidade da Coruña transformarase nun grande escenario cos mellores sons do panorama galego, estatal e internacional. Este martes, 6 de agosto, arranca o 33 Festival Noroeste Estrella Galicia, unha cita urbana única no noroeste peninsular, que achega durante seis xornadas unha programación musical ecléctica e de calidade para todos os públicos. Até o vindeiro domingo, 11 de agosto, máis de 75 artistas e bandas imprescindibles, como Patti Smith, The Sounds, Nathy Peluso, Belako, Paco Ibáñez, Júlio Resende, Soleá Morente ou Anni B Sweet ofrecerán máis de 150 horas de música de calidade ao vivo en espazos singulares do municipio coruñés.
  • Budiño é o encargado de abrir en Burela o segundo período da programación anual da Rede Galega de Teatros Auditorios. O concerto que ofrece dentro da xira de presentación de Fulgor, o seu novo traballo, será a primeira das 205 citas culturais que terán lugar entre os meses de agosto e decembro no marco deste circuíto, que durante 2019 terá promovido 554 funcións en 39 localidades das catro provincias. Con máis de 20 anos de traxectoria, trátase dunha das máis amplas e estables canles de encontro entre o público e a nova produción escénica e musical galega. En 2019 inclúe 152 compañías profesionais de teatro, música, danza, novo circo e maxia, a meirande parte delas galegas.
  • O Parlamento galego aprobou a nova Lei de Patrimonio Natural, un texto chamado a protexer e garantir a conservación de todos os valores e elementos naturais que conforman a Galicia verde e azul coa que se identifica á comunidade. O novo marco lexislativo virá reforzar e completar as políticas desenvolvidas nos últimos anos pola Xunta en materia de conservación do medio ambiente e da biodiversidade galegas e sumarase a medidas como a aprobación do Plan de Promoción e Posta en Valor do Patrimonio Natural de Galicia, a posta en marcha da primeira Rede Galega de Parques Naturais ou a creación da Rede Galega de Reservas da Biosfera.
  • O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura abrirá ao público á noitiña coas visitas especializadas 'As Nocturnas'. O obxecto é ofrecer fóra do seu horario habitual, a partir das 21 horas, un xeito de achegarse diferente e orixinal —con música e petiscos— e exclusivo —non máis de 30 persoas— á exposición 'Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia'. A nova edición de As Nocturnas celebrarase os xoves e os venres do 29 e 30 de agosto e o 5 e 6 de setembro. Este ciclo permitiralles aos e ás asistentes ter a oportunidade de coñecer de primeira man a través de expertos os oficios e as creacións artísticas da xoiería, cestería e cerámica galega. Cada unha das visitas complementarase con música DJ e cunha degustación de petisco.
  • A 12ª edición da feira Culturgal terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. As novidades que ofrecerá este ano o evento foron detalladas no transcurso dun acto no que tamén se anunciou a apertura das convocatorias para a reserva de expositores e para a proposta de actividades cara ao deseño da programación artística e profesional. Entre as novidades de Culturgal 2019 destaca a redistribución espacial do recinto feiral e unha mellor adecuación dos escenarios aos contidos da Feira baixo os nomes Familiar (cos eixos Falar, Moverse e Descubrir), Foro e Carpa, ademais do espazo dedicado á Arte Contemporánea e a incorporación dun específico para a cultura interactiva (videoxogos, apps, etc.)
  • A 12ª edición da feira Culturgal terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. As novidades que ofrecerá este ano o evento foron detalladas no transcurso dun acto no que tamén se anunciou a apertura das convocatorias para a reserva de expositores e para a proposta de actividades cara ao deseño da programación artística e profesional. Entre as novidades de Culturgal 2019 destaca a redistribución espacial do recinto feiral e unha mellor adecuación dos escenarios aos contidos da Feira baixo os nomes Familiar (cos eixos Falar, Moverse e Descubrir), Foro e Carpa, ademais do espazo dedicado á Arte Contemporánea e a incorporación dun específico para a cultura interactiva (videoxogos, apps, etc.)