Notas
-
- As novas instalacións duplican as consultas de medicina xeral e enfermería en Primaria e están preparadas para incorporar novas especialidades no futuro - O centro, que supuxo un investimento de máis de 3 millóns de euros, ocupa unha superficie de 2.859 metros cadrados, que albergará áreas de Atención Primaria, Especializada e o Punto de Atención Continuada - As dependencias prestarán asistencia a máis de 14.000 persoas en atención ordinaria e máis de 37.000 en atención urxente
-
- O vicepresidente primeiro da Xunta destacou que “esta estrada é utilizada por unha media de 4.000 vehículos ó día, dos cales aproximadamente o 11,6% son de transporte pesado” - A ponte actual é moi estreita, cun ancho de cinco metros, ademais de comezar e finalizar en curvas pronunciadas - A variante terá 554 metros de lonxitude, dos cales 170 corresponden á nova ponte. O ancho da estrada será de 9 metros, con dous carrís de circulación de 3,5 metros e beiravías de 1 metro a ambos lados da calzada - Esta actuación forma parte do convenio asinado entre Política Territorial e a Deputación de Pontevedra para o arranxo das estradas Porráns-Moraña, Simes-Dorrón e a propia variante de Ponte Arnelas
-
- Presidiu o inicio das obras correspondentes ao treito entre Dozón e Amear - O Executivo galego investirá 21 millóns de euros no treito iniciado este venres, e ten orzamentados 150 millóns para completar a construcción da autoestrada - Afirma que a Xunta ten en servizo, expropiación, contratación ou obras o 69% das actuacións en estradas incluídas no Plan Galicia, fronte ao 29% do Goberno central - Insiste en que en 2010 o 80% dos galegos estarán conectados por autovía e o 54% por AVE en 2014 - Define a Galicia como unha Comunidade “moderna” e “desenvolvida”, “que progresa sen sobresaltos”
-
Inaugurou en Beade as novas instalacións desta cooperativa, que contaron cunha subvención da Xunta próxima aos 800.000 euros.
-
Na inauguración da nova planta de manipulación de peixe conxelado e precociñado da empresa Monte Kalamua, S.A., no que a Xunta investiu 2,1 millóns euros.
-
- O conselleiro de Sanidade e o vicepresidente segundo da Xunta visitaron as obras desta futura instalación sanitaria. - Ademais, na transcurso da súa visita a Lugo, o conselleiro de Sanidade presidiu, no salón de actos do C.H. Xeral Calde, a entrega da certificación ISO:9001 á cociña do Xeral, e inaugurou, na Facultade de Veterinaria, o I Simposio Internacional de Enxeñería Tisular
-
O Centro, cunha superficie de máis de 600 metros cadrados, contou cun orzamento de 570.000 euros.
-
A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural destinará 40.000 euros para promover a actividade equina.
-
- Os cidadáns poden participar no programa Lugo Xira polo Medio Ambiente, que se desenvolverá durante un mes - As persoas interesadas poderán dispoñer dunha bicicleta durante todo o día de xeito totalmente gratuíto - Existen 7 centros de préstamo distribuídos por toda a cidade, que estarán abertos de 10.00 a 21.00 horas e de luns a domingo - A Xunta pon en marcha esta iniciativa co gallo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, o vindeiro 5 de xuño
-
O conselleiro de Xustiza participou no acto de clausura da Xunta Xeral da Fiscalía Especial para a prevención e represión do tráfico ilegal de drogas.